Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

XXV Edición do certame de Paradela

miércoles, 23 de diciembre de 2020
XXV Edicin do certame de Paradela Espírito e sensibilidade sostidos pola técnica e a experiencia:
entrega de premios da XXV Edición do certame de Paradela

O 21 de decembro de 2020, tiven a sorte de asistir á entrega dos premios da XXV edición do certame Manuel Oreste Rodríguez López de Paradela. Das 24 edicións anteriores, tan só me foi imposible asistir a unha delas por motivos de saúde. Este ano a pandemia ben poidera ter sido un motivo de forza maior que xustificase a suspensión deste acto tan especial no que celebramos as vodas de prata do noso certame. Pero non foi así. O esforzo e bo facer do Concello de Paradela e de Galicia Dixital fixeron posible que, sendo imposible a presencia física na casa de cultura que leva o nome do meu pai, a milagre da técnica posibilitase a nosa asistencia en corpo e alma á ceremonia de entrega de premios desde o noso fogar en Bristol, compartindo presencia e ilusión co resto de participantes nunha xuntanza feita realidade gracias a unha videoconferencia virtual.

O acto foi presidido polo Alcalde de Paradela Xosé Manuel Mato, acompañado por Adrián, teniente alcalde do concello paradelense. O acto foi presentado coma sempre á perfección polo noso Mestre de cerimonias Xulio Xiz, dirixido técnicamente de xeito sublime por Antonio Giz, coa asistencia especial do Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia Valentín García, que pechou o acto. Honráronos coa sua presencia os premiados Xosé Otero Canto, Raquel Fernández Fernández, Alfredo Gómez Martínez, Pablo Veiga López-Castelo e Agustín Pascual Pino, que leron fragmentos das súas obras premiadas.

Xesús Mato, Fillo Predilecto de Paradela e Irene López, viúva de Manuel Rodríguez López tamén estiveron presentes na videoconferencia e, coma en anos anteriores, os nenos do colexio de Paradela participaron por medio dunha gravación na que leron poemas do poeta de Paradela que lle da nome a este certame literario.

No acto presentouse o libro que recolle as obras premiadas na 25 edición do certame de Paradela, que este ano foi prologado cun escrito feito pola viúva de Manuel Rodríguez López, Irene López, do que, a petición súa, lin uns fragmentos na miña intervención.O legado literario do noso certame, encarnado xa por 25 libros que recollen as obras premiadas cada ano, é un orgullo e un tesouro.

O éxito deste consolidado certame débese ó bo facer dun conxuntado equipo do Concello de Paradela presidido e dirixido polo Alcalde José Manuel Mato. O Concello de Paradela leva desenvolvendo á perfección, ano tras ano (e xa vai un cuarto de século ininterrumpido), un traballo eficaz que fai más grande a Paradela e ós galardonados e contribúe novas páxinas de ouro á literatura galega e castelá.

Un feito singular é que as 25 edicións do certame foron presididas polo noso alcalde José Manuel Mato. Pero máis singular é o feito que cando el impulsou a primeira edición do certame xa levaba 16 anos ininterrumpidamente como Alcalde de Paradela. A importancia e o éxito das súas xestións son pois indiscutibles.

O COVID-19 non foi quen de evitar a nosa celebración, accesible a través da páxina web http://www.manuelrodriguezlopez.org/. Polo contrario, o resultado da nosa celebración especial foi magnífico. Iso foi posible gracias á experiencia e bofacer dos amigos de GaliciaDixital, engadida á súa experiencia previa acumulada no mundo da cultura e da comunicación.

GaliciaDixital leva 20 anos dando a coñecer todo o galego ó mundo. Esta plataforma temática sobre Galicia en Internet foi creada por Xulio Xiz no ano 2000 e dirixida por Antonio Giz. No seu 20 aniversario, as circunstancias da pandemia que estamos a padecer fan que esta empresa cultural, hoxe máis que nunca, sexa imprescindible para Galicia.

Comparto plenamente o comentario feito onte por Antonio Giz no que sentía na nosa xuntanza o nesmo espírito que ano tras ano compartimos na entrega de premios na casa de cultura de Paradela. A de onte foi outra proba máis de que é posible continuar a vida cultural mantendo o espírito necesario misturando axeitadamente a técnica, a sensibilidade e a experiencia.

(Santiago Rodríguez López, doutor en Xenética, profesor na Universidade de Bristol, e fillo do escritor Manuel Rodríguez López, ao que anualmente se honra na súa terra de Paradela coa convocatoria do Certame Literario que leva o seu nome).
Rodríguez López, Santiago
Rodríguez López, Santiago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES