Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A Semente da dúbida

lunes, 30 de noviembre de -1
Non sei se conseguirei completar o relato, se conseguirei escribir este Pingas. Porque o tempo está aí. O tempo ese que chega para facer outras cousas. Porque non todo na miña vida consegue en escribir. Se le isto a muller, seguro que saltaría con "ler e escribir, é o único que fas". Iso diríao ela, claro. Fago máis cousas. Tantas que, por veces, mesmo ando coa cabeza no aire ou estou na horta e non vexo as verzas. Para que nos entendamos, estou nos biosbardos. Tamén é certo que non todo nesta vida consiste en estar concentrados, en tensión. Xa me chega ben co nervioso que son. De cando en vez ata consigo controlar os pés. Iso incluso aínda que non escoite música. Se escoito música xa case se pode entender que é algo normal o seguir o ritmo dela.
Dicía ó principio que o tempo está aí, que se me bota encima. Para facer o que estades desexando que vos diga, pero hoxe non teño ganas. Hoxe quero que quedes coa dúbida do que pode ser. De cando en vez penso que merece a pena ser un pouco retorcido. Son moi cinematográfico e sabedes que o "malo" da película, moitas veces, é o que mellor cae; ata chegamos a pensar, non en que mate ó protagonista, senón en que o asasine. Así de malo quero ser eu hoxe. Asasinarvos as ansias de saber. Vaia; noto como case estou gozando con esta maldade miña. Ó mesmo tempo tamén caio en que son un desesperado. Pensaba que non remataría o Pingas e resulta que aínda me queda moito pero que moito tempo para chegar a ese tempo no que deixarei a semente da vosa dúbida.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES