Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Danzade, Danzade, Malditos

jueves, 24 de diciembre de 2020
Os indios que estaban bailando arredor dunha toxeira no lugar de Barricobos eran uns vinte e facían máis ruído que o cabalo de ferro cando pasa pola estación de Baños de Molgas. Desde o alto da Chaira púxenme en posición de firmes, pero coas pernas un pouco abertas, e berreilles: danzade, danzade, malditos, que será por pouco tempo! Subín dun chouto ó meu cabalo Star e marchei correndo á miña palleira para recuperar o Winchester 73 que deixara a noite anterior ó durmir. Despois, pola mañá, recoñezo Pingas de Orballo: Danzade, Danzade, Malditosque me esquecera del. Non sei, será a idade ou principio de alzhéimer. Eu que sei! Si, debía ser a idade porque, ó baixarme do cabalo, quedoume o pé dereito enganchado no estribo e afociñei coma un marrán. "Star, non valgo xa para estes trotes; nin para os teus nin para os meus". O cabalo miroume fixo, eu penso que de mala maneira, pero como son o seu dono nin tan sequera moneou. Ó mellor ata xa lle darei pena.
Logo de coller o Winchester 73 fixen correr a Star pola Pitediña e pola Chaira arriba. Baixei do cabalo con moito máis coidado (non quería ser mofa dos indios se me vían caer) e deixei caer o meu corpo, todo o longo que era, detrás dun penedo. Apoiei o rifle sobre aquel e volvinlle berrar ós indios: danzade, danzade, malditos! E non lles dei tempo nin de mirar; co primeiro disparo xa mandei a un para o outro barrio. Así foron caendo un detrás do outro. Ata vinte. Xa non danzaron máis. Non lles matei os cabalos porque me deron pena e... porque pasaron a engrosar o rancho que teño alá polas Pedradarcas. A quen se lles ocorre vir danzar ó monte de Pinouzos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES