Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vida familiar

jueves, 22 de mayo de 2008
Os rapaces viven máis tempo cos pais, pero esto non quere dicir que mellorase a vida familiar. Quere dicir que non poden independizarse.

Algo máis do setenta e cinco por cento –o 77- dos rapaces galegos que andan arredor dos trinta anos seguen a vivir cos seus pais. As razóns están na imposibilidade de encontrar un posto de traballo, na adquisición da vivenda, nos estudios. O certo é que a cifra dos rapaces que seguen a vivir cos seus pais en idade que non hai moito era xa tardía para constituir unha familia pasan dos trescentos mil.

O tema ten moito que ver coas cuestións económicas, xa que Cataluña e Baleares son as autonomías onde se produce unha maior tasa de emancipación, superando nos dous casos o cincuenta e dous por cento mentras que en Galicia e Asturias, situadas nos últimos lugares, non chega ó trinta e cinco por cento, arredor de dez puntos por baixo da media.

Nin siquiera o nivel de estudios modifica sustancialmente a situación, xa que resulta que arredor do oitenta por cento dos rapaces galegos con estudios superiores seguen vivindo cos seus pais.

A situación é triste, con poucas posibilidades de mellorar a curto prazo. Porque á mala situación existente únese a crise actual, ou –en palabras das autoridades económicas- a deceleración da economía. Sexa cal fose a calificación escollida, o certo é que moito ten que mellorar a situación para que os rapaces galegos poidan encarrilar a súa vida de xeito digno.

O da vida familiar está ben sempre que sexa voluntaria e non repercuta de xeito inaceptable hacia unha parte ou hacia as dúas. Os rapaces deben vivir a súa vida, e esto pasa pola independencia económica e social. E esto, polo de agora, é imposible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania