Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O sabor da casa

miércoles, 23 de diciembre de 2020
Xa falei outras veces da necesidade de valorar o propio sen deixar de mirar e incluso admirar o alleo. Aprender do alleo é necesario sempre e cando sexamos conscientes de que é un aprendizaxe recíproco no que nós temos moito que dar e que dicir e, por suposto, tamén temos que recibir e que escoitar. Ese intercambio é o que nos fai mellores e non aquel que menospreza o noso para abrazar ao alleo de xeito incondicional.

O Covid trouxo necesariamente unha volta ao localismo e iso foi acertadamente utilizado por moitas vilas para promover o seu comercio, a súa industria e a súa artesanía. Quizais, isto sexa a parte máis positiva desta traxedia pero non fai falla unha traxedia para regresar ao local e ver que o sabor da casa é distinto e, polo tanto, ten algo propio que ensinarlle ao mundo.

Ser distinto non é separarse nin deixar de coñecer senón ser consciente dunha autenticidade que o proxecta nun mundo dunha maneira particular. Ogallá puideramos coñecer os sabores de todas as casas porque conforman os sabores do mundo. Deste xeito, quizais, poderíamos entender como dixo Ferrín que “Na casa dos meus avós arrecendente a sí propia, singular no mundo”. O lar é identidade propia pero non exclúe saír á vida e coñecer a diferenza para abrazala.

Outra cousa é que o sabor da casa nos acompañe por sempre; pois logo, coidemos a casa, coidemos o pobo, coidemos á xente, coidemos a cultura, coidemos a terra, coidemos os nosos produtos para coidar o mundo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES