Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con pólvora do Rei

miércoles, 21 de mayo de 2008
As administracións traballan con diñeiro público; as empresas cos seus propios recursos. Os vellos galegos tiñan unha frase perfecta para definir esta situación cando calificaban de queimar “con pólvora do Rei” cando ó queimador non lle costaba nada a queima, cando ó traballar con diñeiro público non había risco persoal nin económico para a persoa que facía o dispendio.

As Administracións cando queren emprender unha campaña, abren unha web. Cando se plantea calquera celebración, inauguran unha páxina. Cando teñen que abrir portas, abren portas en Internet.

O feito en sí evidencia o papel cada vez maior de Internet nas nosas vidas, a capacidade da Rede para comunicar, e a facilidade con que se pode crear un medio informativo de alcance mundial.

Pero as administracións queiman “pólvora do Rei” porque non arriscan nada ó tempo que compiten de xeito pouco ético coas empresas privadas que arriscan o seu patrimonio aventurándose na Rede.

Radiotelevisión española ven de entrar na Rede cun portal no que pode verse toda a súa programación, e anúnciao nos seus informativos como se se tratase dun asunto da máxima transcendencia para o país.

O Concello de Lugo renova a súa páxina web e anuncia nas emisoras radiofónicas esta ampliación.

Na Rede, todo é máis doado. ¿Por qué non crean emisoras de radio ou de televisión? ¿Por qué as institucións tan interesadas na Rede non crean tamén xornais ou revistas coa mesma profusión?. Porque teñen medo á reacción dos medios consolidados, ós que están sometidos, ós que teñen que supeditarse por depender deles informativamente nun círculo vicioso que non fai máis que pecharse unha e outra vez.

A pólvora do Rei que utilizan as institucións arde con profusión en Internet. Sen darse conta que o público entende perfectamente cando un medio é independiente e cando depende dunha administración. Arde a pólvora pública. Os independientes seguimos a consumir da nosa.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES