Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Personaxes medievais (IV)

miércoles, 21 de mayo de 2008
O CONDE MUNIO PELÁEZ

Era fillo de Elvira Muñiz, descendente da familia fundadora do Mosteiro de Ferreira de Pallares, e de Paio Gómez Carrión, personaxe pertencente á alta nobreza castelá. Casou con dona Lupa Pérez de Traba, filla do primeiro matrimonio de Pedro Froilaz, conde de Traba, titor de Afonso Reimúndez, o futuro rei Afonso VII, na súa minoría de idade, e de Urraca Froilaz.

Na documentación do mosteiro de Ferreira lese que foi pai de Pedro e Tareixa Muñiz: “et deste conde Monio Pelaez nascio don Pedro Muñiz et dona Teresa Muñiz” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1096/21). Non obstante, cremos que Bernardo Muñiz, personaxe que en 1166 fai testamento en favor de Santa Mª de Ferreira, tamén foi fillo del, posto que no diploma que contén o legado achamos referencias ao seu irmán Pedro: “et frater meus, Petrus Munici” (AHN, Clero, Lugo, Ferreira de Pallares, 1082/ 12).

Exerceu de conde nas terras de Monterroso, e como tal aparece confirmando unha doazón que realiza a raíña Urraca, en 1112, dunhas herdades situadas nas terras do Morrazo: “Munio Pelagiz dominans in Monterroso” (ROMANÍ MARTÍNEZ: Colección Diplomática do Mosteiro cisterciense de Santa María de Oseira, vol. I, doc. 10, Santiago, 1989).

Nese mesmo ano tamén figura ratificando outra doazón que dona Urraca fai en favor da igrexa de Lugo de varios lugares próximos á cidade (CAÑIZARES, V.: Colección Diplomática, vol. II, folio 468).

En 1117 atopámolo corroborando outro diploma que reflicte o traslado da sé bispal de Mondoñedo a Valibria e a confirmación dos coutos da mesma pola raíña dona Urraca (España Sagrada, vol. XVIII, páx. 342).

Morreu en 1145 e os seus restos foron sepultados no mosteiro de Ferreira de Pallares, tal e como se pode ler na tapa do sartego que se atopa situado na parte leste do claustro de dita abadía. O texto foinos descifrado por Francisco Vázquez Saco nun excepcional artigo titulado “Iglesia Parroquial de Santa María de Ferreira”, en Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo, vol. IV, páx. 43. A transcrición que el fai é como segue:

HIC IACET COMES MONIO PELAI Q(VI) OBIIT ERA -
CLXXX III ET Q(V)OTUM XII K(A)L OCTOB

[Aquí xace o conde Munio Peláez que finou
o 20 de setembro de 1145]

Vázquez García, Carlos
Vázquez García, Carlos


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES