Mentres tanto...
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 17 de diciembre de 2020
Cando nos confinaron por mor do coronavirus, sentímonos fatal.
Cando nos foron poñendo restriccións hoxe, restriccións mañá, restriccións tódolos días
a cousa non foi mellor.
E aínda seguimos
Seguimos esperando unha solución definitiva a tanta privación.
¿QUÉ PODEMOS FACER MENTRES TANTO?
-IGNORA-LA SITUACIÓN: Por moito que queiran nega-la algúns, penso que é tan evidente que de ningunha maneira procede ignorala.
-SALTARSE AS NORMAS: tampouco.
Atentaríamos contra a nosa propia saúde e contra a vida propia e a allea.
-CRUZARSE DE BRAZOS ATA QUE ESTO PASE: quedaríamonos convertidos en estatuas de sal como lle pasou á muller de Lot por mirar cara atrás.
-ENCERRARSE NA CASIÑA: tampouco porque a vida segue e o tempo pasa.
Daquela
¿QUÉ FACER MENTRES TANTO?
Pois
Independentemente do que pense cada un, posiblemente saian gañando:
-AQUELAS PERSOAS QUE TEÑEN ASIMILADO QUE O CAMBIO É O MOTOR DA VIDA.
Todo está cambiando constantemente.
Cando deixamos que a vida flúa, cando non opoñemos resistencia, cando non nadamos contra corrente
Levámola de mellor gana.
-AQUELAS PERSOAS QUE TEÑEN CONCIENCIA DE QUE A VIDA PODE PRESENTAR SOBRESALTOS EN CALQUERA MOMENTO: porque se están preparando para a vida mesma.
-AQUELAS PERSOAS QUE ACATAN AS NORMAS, porque están optando pola alternativa que resulta máis beneficiosa para elas mesmas e para a comunidade.
-AQUELAS PERSOAS QUE SEGUEN ACTIVAS Ó RITMO QUE LLES MARCA A VIDA, porque están aproveitando da mellor maneira posible a misión que teñen encomendada.
-AQUELAS PERSOAS QUE SAEN DA CASA TANTO COMO LLES É POSIBLE porque necesitan comunicarse, relacionarse con outras persoas, saír a toma-lo aire, ir a clases, ir de compras, ir dar un paseo ó aire libre, ventilar a mente
Por eso hai moitas persoas que están levando "UNHA VIDA ADAPTADA ÁS CIRCUNSTANCIAS ACTUAIS" E ACEPTAN QUE ESTA É A VELOCIDADE QUE DEBEN LEVAR NESTE MOMENTO.
Outro día diranlle ós seus descendentes como superaron unha pandemia adaptándose ás circunstancias que lles tocou vivir; do mesmo xeito que souberon facelo moitos dos nosos ancestros cando superaron: pragas, glaciacións, fame, guerras e e mil peripecias máis.
Esto tamén pasará porque só Deus é eterno.
TODO PASA, NON HAI MAL QUE CEN ANOS DURE
E NÓS TAMÉN PASAREMOS porque, en calquera momento, pídennos o pasaporte e hai que irse.
DO QUE SE TRATA É DE DISFRUTAR DESTA VIDA SENDO FELICES Ó MESMO TEMPO.
Pode que haxa quen pense que non se pode ser feliz en tempos de pandemia.
PERO A FELICIDADE NON RADICA EN NON TER OBSTÁCULOS QUE SUPERAR.
-SER FELIZ, SIGNIFICA SUPERA-LAS PROBAS EMPREGANDO A TOPE TÓDOLOS NOSOS TALENTOS.
-SER FELIZ TRÁTASE DE ENCHE-LA VIDA DE COUSAS BOAS E SANTAS PARA UN MESMO E PARA A COMUNIDADE.
Temos que pensar no ben da comunidade, igual que no noso propio ben, porque somos o que dámos.
"SOMOS O QUE DÁMOS".
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo ben qe aproveita a vida e por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora