Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Enfermos de Odio

viernes, 18 de diciembre de 2020
Canto me gusta ler os periódicos. E canto sufro ás veces con algunhas noticias. Con outras tamén me entra unha carraxe que non son dono de min. O outro día non tiñan desperdicio unhas declaracións de Beatriz Pino, a coordinadora en Galicia de Ciudadanos. Antes de comentar algo máis, poño a banda sonora de "O pianista", ou Pingas de Orballo: Enfermos de Odiosexa, a música de Chopin e de Wojciech Kilar, para que co seu piano me entre unha certa calma e non esbardalle moito. Digo que esa moza de Ciudadanos acusa ó BNG de "estar enfermos de odio" contra o castelán. En segundo lugar e ante esta "enfermidade" (as entre comiñas estas son miñas), o Bloque Nacionalista Galego deixa clara a súa posición independentista. Xa está.
Agora ben; preguntareille a esa alma cándida quen está realmente enfermo ou quen acumula xenreira nas súas entrañas? Que busque, que estude, que compare o poder dunha lingua ou de outra. Que busque e que estude todas as falcatruadas que se cometeron, que se cometen e que sei que se cometerán contra o galego, coa escusa dunha España Unha, Grande e Libre. Que desde os anos da polca, ou sexa, dos de Mariacastaña o galego sempre foi vilipendiado, masacrado, desprezado e inxuriado (se ata nos insultan tan só polo acento). E que veña agora esta señora ou señorita dicindo que estamos enfermos de odio por defender o noso... e o dela. Porque é de Vigo, galega, aínda que mal lle pese.
Remato. "O BNG deixa clara a súa posición independentista". Pero, queridiña, se non tivera esa posición non sería o BNG.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES