Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poemas Pendurados de Farolas

jueves, 17 de diciembre de 2020
Rematado esta noite o prazo para o envío de poemas para o 4° certame de #PoemasPenduradosdeFarolas , adicado este ano á pandemia do COVID19, foron 85 os Poemas Pendurados de Farolaspoemas recibidos con esa temática e que decorarán outras tantas farolas de Guitiriz durante un mes dende mediados de xaneiro.

Este ano acadouse un novo record de participación con poetas de diferentes lugares da xeografía galega, de Asturies, e de Portugal e algún do resto do estado.

Nas edicións anteriores as temáticas foron a violencia machista, a vaga de lumes e os recortes de liberdades. Este ano era obrigado facer un repaso creativo ao feito máis trascendent, que é a pandemia de coronavirus na visión dos poetas.

A poesía é tamén unha arma de combate social e compromiso co que nos rodea, e así o constatamos trasladando temáticas que preocupan á xente á rúa en forma de poemas convertindo cada farola nas rúas en páxinas dun grande poemario colectivo achegando a poesía á rúa.

Os 83 poemas adicados ao COVID19 serán tamén editados en formato PDF nun libro dixital para a súa descarga gratuita na web da NPG Nova Poesia Guitirica www.npggazeta.gal

Outra iniciativa orixinal da NPG Nova Poesía Guitirica que cada ano conta con máis participación.

Nos próximos días sairá tamén a convocatoria da edición V do #Certame Vilariñas.
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES