Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (1)

jueves, 17 de diciembre de 2020
Publicado na Pena do Encanto, nº 10. IESCHA (Vilalba), 2019.

I. Concepto de lenda e temática
A lenda é un relato oral ou escrito, asociado a feitos concretos e transcendentes da Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (1)realidadde, que inclúen una maior ou menor proporción de elementos imaxinativos. Adoita desenvolverse nun contexto histórico e xeográfico concreto; e divúlgase de xeración en xeración case sempre de forma oral, amosando a miúdo engadidos, modificación e, tamén, omisións segundo a natureza do narrador. Ademaís, as lendas tiñan como finalidade mostrar os desexos e temores dunha comunidade, a percepción do seu entorno, a súa identidade.

A nivel histórico o concepto "lenda" foi analizado por diversos pensadores entre os que sinalo aos seguintes:

Así, Taboada Chivite manifesta "que as lendas teñen un fondo certo, nembargantes, anque non falten léndas nas que se atopa un substratum histórico, nalgunhas non hai senón debezos racionalizadores da pantasía, da superstición ou da ciencia arcaicas. En casos, é certo que a lénda abrázase á historia e pódese decir que perteñecendo á tradición popular é de creación individual".

Pola súa banda, González Reboredo sinala "...que as lendas teñen un carácter máis utilitario e transcedente, transmitindo conceptos fundamentais da cosmovisión do grupo social no que se xeran e difunden".

Así mesmo, Cebrián Franco menciona "que la leyenda casi siempre tiene un fondo histórico, pero se reviste de la bella imaginación poética intentando así transmitir un mensaje importante".

Finalmente Jose Manuel Pedrosa dice "que en la actualidad la palabra leyenda se ha impuesto como nombre de la narración oral o escrita, que presenta hechos Lendas sobre algúns santuarios da Terra Chá, Lugo (1)extraordinarios como si fueran históricos, reales y vinculados cronológica y geográficamente con una comunidad".

Con respecto a súa temática, tamén cómpre salientar a unha serie de autores, que foron configurando ao longo da historia unha serie de categorías.

Así, para Vicente Risco as lendas poden clasificarse en etiolóxicas, haxiográficas e históricas. Pola súa banda Leandro Carré sinala a existencia de lendas de carácter popular, relixioso, fantástico, históricas, novelescas e de encantamentos. Logo Mar Llinares establece unha nova categorización lendaria, facendo alusión a mouros e mouras; encantos e tesouros coa súa simboloxía específica. Xa neste século e finais do anterior o Equipo de Investigación "Chaira" introduce a seguinte temática: lendas de tesouros e riquezas ocultas; lendas de mouras; lendas de encantos; lendas toponímicas; lendas da Virxe, Santos e Santuarios; lendas do trasno e os demachiños; lendas de ánimas e agoiros; e lendas de nubeiros. Este mesmo "Equipo de Investigación" engade á temática anterior, as lendas de pozos máxicos, as de pobos e lugares desaparecidos, e as historias de meigas. Anos despois, Xosé Miranda incorpora tres novas categorías: arqueolendas, neolendas, e lendas urbanas. Nas arqueolendas, inclúe os seguintes subgrupos: mouros, mouras, encantos e tesouros; nubeiros, meigas, demos; trasnos, tardos, diaños; lobishomes, corredores; pantasmas, visións, a Compaña, os paxaros da norte; pozos piago; lobos e outros. Nas Neolendas introduce as históricas (señores feudais, castelos, fundadores, personaxes históricos, bandoleiros, etc...); as relixiosas (Cristo, a Virxe, santos, santuarios, crentes, o demo); as de cidades asolagadas e héroes francos; e as de serpes e animais. Finalmente, González Reboredo e Mariño Ferro incluen a seguinte distribución temática: lendas de mouros, mouras e tesouros; lendas referidas a santos e santuarios; lendas sobre lagoas e cidades asolagadas; relatos sobre lobishome; lendas sobre seres acuáticos: xacios e sereas; lendas sobre serpes; lendas de fidalgos e damas; lendas urbanas.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES