Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cortes de Luz en Ribadeo

martes, 20 de mayo de 2008
Hai dúas semanas foi enviada a diversas entidades e empresas o escrito de protesta polos cortes de luz en Ribadeo. Entre outras entidades, e á parte de BEGASA e ó Concello, foi enviado á empresa Red Eléctrica Española e a Consellería de Industria.
O escrito, discutido polas asociacións asistentes á última mesa de asociacións, foi asinado por:
AVV O Tesón, Ribadeo
Plataforma pola defensa da ría de Ribadeo
AVV O Gaiteiro, Ove
AVV Vilaosende
AVV Santa Eulalia, A Devesa
AVV Virxe de Vilaselán
AVV Monte Cordal, As Anzas
AVV San Lourenzo, Vilaframil
AVV San Vicente, Cubelas
AVV Cinxe, A Devesa

Preséntase a continuación o texto enviado:
Reunidos o día 5 de abril diversos representantes de asociacións veciñais do Concello de Ribadeo, para tratar entre outros temas dos múltiples cortes de enerxía eléctrica que os veciños de Ribadeo veñen sufrindo, tómase a decisión de facer un escrito de protesta, a enviar tanto á empresa subministradora como ás institucións relacionadas co dito subministro, carta que con posterioridade se entregará ós medios informativos.
Así, en cumprimento co acordado, enviamos este escrito puntualizando que:

1. A empresa BEGASA ven sometendo aos veciños de Ribadeo a numerosos cortes de luz, sen ningún tipo de xustificación, dende fai moitos anos. Ás veces por mínimos cambios metereolóxicos e moi a miúdo por averias ou reformas que non garanten o subministro os veciños, sen avisar ao usuario de tales cortes. As molestias e perxuicios económicos son dabondo coñecidas e non precisan mais explicacións. Así, considerámonos obxeto de mal trato e prepotencia por parte dos responsables de BEGASA.

2. A causas que provocan esta situación, segundo a nosa análise son tres. A saber:
2.1. Os criterios especulativos de BEGASA, que lonxe de asumir a responsabilidade social do servicio público que explota, prioriza a obtención do máximo beneficio co mínimo esforzo, propio dun sistema de empresa centrada nos beneficios e non no servicio. Este problema non ten fácil solución mentras os servicios públicos non sexan realmente públicos.

2.2. O pasotismo dos sucesivos gobernos municipais, que dende as primeiras eleccions democráticas nunca lle puxeron cara a BEGASA, nin lle esixiron que cumplise as suas obrigas cívicas e legais. Disculpas como a débeda municipal acumulada son falsas xustificacións que non disimulan o servilismo dos grupos políticos municipais ribadenses, condicionados pola débeda contraída con BEGASA, provocada por eles mesmos cunha mala administración da enerxía. Esperemos que este xeito de facer política comece a cambiar.

2.3. A terceira causa do problema somos os mesmos veciños. Levamos moitos anos soportando as consecuencias das actuacións de BEGASA e os representantes no concello, sen ser conscientes de que está na nosa man cambiar esta situación presionando a ambolosdous poderes devanditos mediante escritos, protestas, manifestacións, etc..., ata lograr un cambio favorable á poboación. Neste sentido, para lograr o fin dun servizo adecuado, as AAVV de Ribadeo temos a obriga de continuar denunciando o problema e aos responsables económicos e políticos do mesmo.

3. Precisamos con carácter urxente unhas infraestructuras axeitadas as necesidades da poboación polo que lle diriximos este escrito para que dende a entidade que preside se realicen as xestións precisas para que a empresa BEGASA realice as obras necesarias para dotar da infraestructura e mantemento adecuado a esta zona.
Esperamos de vdes. a colaboración necesaria para que o que ten ocorrido moitas veces, e mesmo hoxe, a falta de subministro eléctrico, non volte a ocorrer.
En Ribadeo, a 19 de abril de 2008

Sinaturas e representación das sinaturas:"
Antonio Gregorio Montes
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES