Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falar por falar (2)

miércoles, 16 de diciembre de 2020
Retomo o tema do dereito á educación con palabras de Trías Fargas, o impulsor da Lismi, publicadas en Cadernos de Pedagoxía: "El objetivo que hay que alcanzar radica precisamente en llegar a un punto en que no hagan falta leyes especiales porque las personas afectadas estén integradas en un plano de igualdad absoluta en la Falar por falar (2)legislación general aplicable a todos los españoles". Unha mágoa como se foi terxiversando o seu soño.

A vida, tamén a educación, é máis complicada cunha diversidade funcional. Aínda así, o problema non está na diversidade senón na falta de resposta. Nos trinta e sete anos de traballo no ensino non atopei quen quixera o seu fillo separado dos demais. Abondan historias de familias que se ven forzadas a escolarizar nun centro especial porque dispón de máis medios. E o dereito a unha educación inclusiva que? Que se doten primeiro os centros ordinarios e verán que non se necesitan tantos especiais. Unha atención completa debe darse cos iguais.

A nova lei, Lomloe, precisamente pretende destinar máis diñeiro aos colexios ordinarios para que poidan ofertar máis recursos, así os especiais non serían a única opción. Sen embargo, proliferan confusas campañas en defensa de que non se pechen os de educación especial. É fácil sacar conclusións… Máis indignante é utilizar usuarios como imaxe para propiciar compaixón ou valerse de persoeiros famosos para impactar. De pouco serven referencias doutros países que parten do principio de non segregación dos alumnos con dificultades e nos que o índice de escolarización en especiais é máis reducido. Na mesma liña hai asociacións que xa están derivando os seus materiais en pro dunha maior inclusión no ensino ordinario.

Aprendemos do diferente. Mal imos se nos centramos nas limitacións sen ver os valores positivos. Non podemos cambiar ao neno, pero si loitar por unha escola na que teña cabida todo o alumnado ao marxe das súas características. Apoiar a inclusión non pode quedarse na pancarta, hai que levala á realidade. Non valen máis escusas. Resulta relevante a cantidade de centros que aínda presentan limitacións de accesibilidade. Esta xa é a primeira razón para derivar alumnos. Se se incumpre o máis fácil, que se pode esperar de poñer o persoal cualificado necesario? A solución non está en separar ao máis débil, senón en educar en respecto e convivencia. De que serve meter ao neno nunha burbulla na infancia? Como podemos esperar que despois a sociedade sexa inclusiva?
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES