Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Diferenza si. Supremacismo non

miércoles, 16 de diciembre de 2020
Ímolo explicar moi sinxelo. Así, tipo dicionario. Máis que nada para que se entenda:

A diferenza é sinxelamente participar dunha forma de ser específica e singular, vivindo acorde con ela e construíndo sobre ela un xeito de ser e estar no mundo. A partir de aí pódense tecer lazos co mundo en pé de igualdade e a partir deles crear e recrearnos ata construír colectivamente porvir. A diferenza quérenos libres no ser e iguais en dereitos.

O supremacismo utiliza unha suposta defensa do benestar para romper interdependencias creando antagonismos. Une para dividir estamentalmente. Xera ghetos nunha defensa férrea da pureza. Invoca a convivencia para desafiuzar de dereitos ás identidades e impón maiorías interesadas para vestir de democracia as súas imposicións. O supremacismo segréganos polo ser e, sobre esa segregación, limita o acceso aos recursos e polo tanto o noso benestar.

Conclusión: diferenza si. Supremacismo non.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES