Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A memoria é efémera

miércoles, 16 de diciembre de 2020
Agora mesmo, exactamente ás tres e media da tarde, unha gran maioría de galegos cuspirán pestes contra o Goberno Central porque este inverte máis en Cataluña e en Euskadi que na nosa Comunidade, grazas ó apoio que estas dúas rexións lle dan a aquel nos presupostos para o 2021. Isto demostra, polo menos eu o vexo así, que os Pingas de Orballo: A memoria é efémerapobos vasco e catalán saben a quen votar. Sempre o souberon. Desde que a democracia é democracia votaron sempre ós seus, e por iso teñen a representación que teñen. Nós sempre votamos ós de fóra e pedímoslles que nos boten unha man. Ó Pescozo é onde nola botaron sempre. Cando nos damos conta poñemos o berro no ceo ou poñémonos como unha brasa dous ou tres días, ou en puntos concretos para, logo, pasado o tempo, deixamos que a memoria se esfume e volvemos encestar nunha urna -con moita elegancia, iso si- o voto para os que nos machacan. Sempre fomos moi propensos a apandar.
Cataluña e Euskadi saen mellor parados polo apoio ós presupostos. Pero incluso sen o favor doutras comunidades, o Goberno Central segue a inverter máis en, por exemplo, Andalucía e en Madrid e na Comunidade Valenciana e non sigo para non quedar de últimos, para non ser o cu do país. Claro que, eu ben sei que... predícame cura, predícame frade, por un oído me entra e polo outro me sae.
Agora mesmo, ás catro menos dez da tarde, esa gran maioría de galegos, seguro que está a darme a razón. Ata poida que digan: pero que ben dis, carallo! Pero, claro, iso opinan agora mesmo. En cinco minutos... a memoria é efémera, pasaxeira, fuxidía.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES