Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pasou o día

martes, 20 de mayo de 2008
O 17 de maio, día das Letras Galegas, pasou. Misión cumprida.

A Real Academia premiou a un galego sobranceiro, a Consellería de Cultura abriulle unha páxina en Internet, os concellos organizaron actividades en base ás publicacións oficiais, os xornáis publicaron as súas primeiras páxinas en galego, as páxinas publicitarias de organismos oficiais felicitaban á Lingua Galega no seu día, festivo por outra parte. Todos contentos.

Mesmo ese gran día se organizou unha excepcional manifestación con milleiros de persoas que reivindicaron vivir en galego.

“Pasou o día, pasou a romería” di o refrán galego. Tamén nesto podemos aplicalo, porque a partir de agora a lingua funcionará a ralentí, sen presións nin axudas, sen presas. Agora si que ten que competir co castelán para ver quen vai gañando postos na sociedade, adquirindo prestixio, loitando polo día a día da pervivencia social.

A Academia, axiña nos ofrecerá o nome do persoeiro ou persoeira que o próximo ano vai ser homenaxeado/a con este día senlleiro que naceu en 1963 por iniciativa xeitosa dun trio de intelectuais do que só pervive Francisco Fernández del Riego.

E de novo comezará o rito, cumpriranse as perspectivas, comportarémonos de xeito políticamente correcto, cubriremos obxectivos, falaremos en galego en público e en castelán en privado.

En fin, que entramos na rutina. A romaría pasou. Tranquilos todos, que aquí non pasou nada.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES