Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O tren das 3:10

viernes, 11 de diciembre de 2020
O tren das 3:10 (tres e dez, en letras) pasará pola estación de Baños de Molgas e eu subirei a el. Para onde vou, iso é algo que xa non sei. Ó mellor báixome na Gudiña, en Puebla de Sanabria ou sigo ata empalmar co Transiberiano e que me leven uns e outros ata a fin do mundo. Non hai mellor sitio que a fin do mundo. En principio, subo desde o barrio da Igrexa cara á estación escoitando a Henry Mancini. Polo camiño despídome duns e doutros, pero non Pingas de Orballo: O tren das 3:10deixo que ninguén me acompañe. Quero remoer os meus sentimentos eu só. Ás tres xa estou na plataforma da estación máis bonita do mundo e dígolle ás vías do tren que marcho porque teño que marchar.
Son as tres (3:00, en números ou hora analóxica), polo que quedan dez minutos para que apareza o tren alá pola ponte de Bouzas. Non obstante, unha leve preocupación asoma no meu entendemento: o silencio é tal que, a esas alturas, tiña que escoitar xa o ruxerruxe do convoi que me levará á seguinte estación ou á fin do mundo. E en dez minutos a preocupación faise real: o tren das 3:10 aínda non apareceu nin ó lonxe. Vai ser que non me poderei marchar. Tampouco é que queira facelo con moita ansiedade. Non hai coma o lugar no que me pariron.
O revisor comunícame que ó tren das 3:10, os indios, pincháronlle cinco rodas no apeadeiro de Cantoña. Sempre lle tiveron pánico ó cabalo de ferro e cada vez que poden cátanlle as pulgas. Collín a noticia con calma e díxenlle ó interventor: mire, para outra vez será. Con parsimonia baixei para o barrio da Igrexa. O tren das 3:10, por unha vez, fallara.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES