
O próximo sábado día 12 de decembro, o Concello de Guitiriz organiza a presentación do libro LAREIRA DE SOÑOS de Pastora Veres, que inclúe tamén o DVD co documental Entrar aos Vilares de Cibrán Tenreiro.
Na presentación, que terá lugar na Casa Habaneira de Guitiriz, participarán a Alcaldesa de Guitiriz e representantes das diferentes entidades pateocinadoras do proxecto, o propio concello de Guitiriz, GADIS, a Vicelresidencia da Deputación Provincial de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia e Manuel Núñez, director de Edicións Fervenza, que editorial do libro.

Coa autora, Pas Veres, estarán a asesora linguística do libro, Socorro Vázquez, o autor do Limiar, o xornalista Germán Castro e a poeta Luz Campello.
A autora, Pastora Veres, estará dende as 17:00 horas na Casa Habaneira para asinar exemplares do seu libro, editado por Edicións Fervenza, a aquelas persoas que queiran.
Quenes desexen asistir presencialmente poderán reservar praza neste enlace: https://bit.ly/33Dl2Mv
e tamén poderán facelo chamando ao 982 370 062 ou por correo electrónico nesta dirección:
biblioteca@concellodeguitiriz.com
A presentación será tamén emitida en directo polo facebook do Concello de Guitiriz.