Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por enriba do ben e do mal

lunes, 07 de diciembre de 2020
Por enriba do ben e do mal O venres, por fin, algo de vida volveu rexurdir en Barbadás: a hostalaría abriu de novo. Menos mal! Estaba medio consumido pola impaciencia e pola impotencia, ou sexa, polo cafeciño; e non polo cafeciño en si (tomábao na casa, aínda que, por suposto, non é o mesmo), senón polo propio ambiente. Desde o venres xa se ve, por exemplo, a rúa principal da Valenzá algo máis concorrida, algo que alegra a vista. Agora tan só queda pedir o que levo pedindo en varios escritos desde que empezou esta pandemia da Covid: sentidiño, moito sentidiño. Ou volvemos ós peches por terceira vez.

Quen non pecha é a mala conciencia de moitos. A de moitos que pensan que un semideus non ten os seus demos dentro. Pois tenos. Diego Armando Maradona tiña os seus demos dentro. E a ninguén lle debería doer que se falase deles. Pero dóelles. E pasan por enriba do ben e do mal. Resulta que ameazan de morte á galega que criticou ó semideus Maradona cando lle correspondeu gardar un minuto de silencio e ela, con razón, sentou e puxo as costas, ou sexa, renegou de Maradona.

E renegou como persoa, non como xogador. Porque o que quizais sexa o mellor futbolista de todos os tempos vai camiño de ser considerada a peor persoa de todas as épocas. A sociedade leva anos condenando o acoso sexual, o abuso e a violencia de xénero. O gran Maradona, logo de driblar a todos os contrarios que lle saían ó paso, tamén acosaba e zoupaba (non digo xa nada da droga, porque ata el mesmo o recoñecía). Moitos desa sociedade que condenan esas aberracións, póñense agora á beira dun acosador, porque é Maradona e porque xogaba coma Deus. A rapaza non quere denunciar os feitos, e non ten por que; debería ser xa a propia Fiscalía a que se puxese mans á obra. Por cousiñas ben menos insignificantes furgan incluso debaixo das pedras para inculpar a alguén.

Rematei a semana lendo unhas novas sobre Venezuela que me deixaron un pouco pampo, principalmente ante a confesión dun profesor: que a última vez que mercou zapatos foi hai catro anos. E isto dío un profesor!, que quéirase que non, aínda ten un soldo. Imaxino polo tanto a situación doutras persoas con menos recursos nese país, onde para mercar un quilo de arroz alá se che vai o salario mínimo. E non só se vive con arroz. Nin tan sequera os chinos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES