Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Frío coma o aceiro

martes, 08 de diciembre de 2020
Son frío coma o aceiro. Non sempre. Nin tampouco moitas veces. Pero cando me poño arrefrío de carallo. Ata me quedo frío algunhas veces escoitando algunha banda sonora, que xa é dicir. Pero nesta vida non todo consiste en sorrir, correr e bailar. Ás veces hai que poñer o Pingas de Orballo: Frío coma o aceirogrito no ceo para que algúns se decaten do que pasa, do que me pasa. Non é que me pase gran cousa. Non obstante, cando me pasa, son igualiño que o aceiro: frío. Tamén coma o carambelo. Son frío cando teño que tomar unha decisión que me pode custar algo; por exemplo, a vida. Eu á vida téñolle moito apego. Entón teño que temperarme para sobrevivir, ou polo menos para saber sobrevivir. Non sempre se sobrevive ben.
Son frío coma o aceiro cando vexo que unha acción non me gusta. Que alguén lle lanza unha mirada asasina a outra persoa. Claro, axiña penso que hai miradas que matan. Iso dixeron sempre. E eu non quero que morra ninguén. O máis seguro é que me achegue a ese presunto asasino e que lle diga “ti estás parvo, ou que”. Ditas así esas palabras non son gran cousa; pero se o presunto asasino me mira neses momentos e me ve a cara de ferreiro ou me nota que son frío coma o aceiro, creo que xa o pensaría doutra maneira; ou sexa, que dulcificaría a súa ollada para que non dese a impresión de querer matar a alguén.
Son frío coma o aceiro. Pero, xa digo, tan só algunhas veces. Pouquiñas veces. Teño o meu corazón e uns ollos que a maioría das veces brillan de felicidade. O que pasa é que hai momento que... Entendedes?
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES