Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As Catedrais, porta do misterio

martes, 08 de diciembre de 2020
As Catedrais, porta do misterio Agora que as forzas da natureza quixeron que un dos arcos da praia de Augasantas se derrubase, e tendo eu unha débeda de querenza e amor a esta maravillosa praia á que lle dediquei o libro de poemas, AS CATEDRAIS, PORTAS DO MISTERIO, xa fai unhos anos, onde os seres do arcano e do inescrutábel destas cafurnas quixeron que o libro, na páxina vintecinco, quedase rengo pola falta dunha poesía do que quizabes tivese a culpa este arco derrubado e fose o causante desta coxeira.

As Catedrais, porta do misterioAproveito a ocasión para dar a coñecer esta tolledura a aquelas persoas que mercaron o libro e atoparon esta eiva física, na que curiosamente o poema esquecido polo demiurgo máxico fixese referencia a un destes piares e se chamase "Arcobotantes".

ARCOBOTANTES.

Arcobotantes coma pés de xigantes,
aí, en silencio,
na permanencia das rochas.
Perseveranza no repouso,
caladamente resistindo,
termando das colosais oxivas.
Gótico florido polas augas
en choques na violentada
que abre pedras e fai arcos
para xuntar os azuis
nos vans da contenda.
Piares retortos
na ringleira da penascada,
crebando laxas
na praia de Augas Santas.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES