Luces de Nadal?
Santalla, Iago - miércoles, 09 de diciembre de 2020
Nestes tempos incertos un quere continuar, loitar e manterse actualizado pero hai que recoñecer que cada vez é máis complicado seguir o fío da actualidade e xestar unha opinión crítica.
Este 2020 é unha tempestade de incertezas e medo que é difícil borrar e a pregunta é: estamos para festas?
Hai dúas respostas posibles e as dúas teñen argumentos sólidos: a primeira pide contención e sacrificios para acabar coa pandemia. A segunda busca ocos de desafogo; ocos que contribúan ao coidado socio emocional das persoas.
Entre estas dúas respostas quizais haxa que explorar moitos carreiros intermedios e recoñecer que calquera alternativa vai ser obxecto de crítica. Agora ben, o que non é de recibo é resucitar rivalidades sobre quen aluma máis.
Que as luces do Nadal non eclipsen o gran reto da humanidade: acabar coa pandemia.
Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora