Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Surrealista

Editorial - lunes, 19 de mayo de 2008
Un veciño de Viveiro, afectado por unha medida xudicial que anula un acto administrativo de hai máis de dez anos, califica de “surrealista” a situación na que se encontra o conxunto de afectados.

Trátase dun edificio con 118 pisos, sobre o que o Tribunal Supremo ten dictada orde de derrubamento. Con licencias municipais de 1996 e 1999, chegamos a 2008 cunha situación á que non se lle ve axeitada solución.

A traxectoria do asunto desde hai doce anos indica que unha licencia se concedeu para unha construcción sen que mediase un estudio de detalle, producíndose a reclamación dun veciño que tanto tempo despois produce uns resultados imposibles de calcular.

Neste tempo, os pisos foron construidos, vendéronse e habitáronse. E algúns foron vendidos outra vez.

Se a decisión cristaliza no derrubamento destas 118 vivendas, hai que preguntarse que vai ocorrer. Porque a raiz extrema do problema é a falta dun documento nunha tramitación perfectamente regulada dentro do procedemento municipal de expedición de licencias.

Cando falta un documento nunha tramitación, o problema é dos funcionarios técnicos na materia máis que dos políticos. Os políticos deciden, entendendo que está cumprida toda a tramitación e poden exercer a súa función de decisión diante da documentación correspondente.

Pero aparte de saber onde está a orixe dun problema, está todo o seu desenvolvemento. Porque dez anos despois é moito tempo para volver atrás calquera procedemento. Dez anos é moito tempo e cada momento que pasa son máis os potencialmente afectados por un problema inicialmente pequeno e controlable.

Un dos veciños afectados considera “surrealista” o problema. Posiblemente a consideración técnica sexa moito máis precisa. Pero o certo é que un problema orixinado hai unha ducia de anos pola falta dun documento, foise complicando co tempo ata chegar a 118 problemas persoais, de imposible cuantificación e de apariencia irresoluble.

Haberá que chegar a algún tipo de solución. Para eso temos políticos, técnicos, avogados e especialistas xudiciais. Que o tema sexa extremadamente difícil non quere dicir que non teña solución.

O “surrealismo” foi un movemento artístico que propugnaba a renovación total da arte existente. Se esto é verdadeiramente “surrealista”, moito queda por cambiar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES