Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anormalidade

viernes, 04 de diciembre de 2020
Fálase da “nova normalidade” como se de repente, por mudar hábitos ou xeitos de vivir, nos pechásemos en nós mesmos e nas nosas casas, sen mediar unha revolución ou unha traxedia.

A "nova normalidade" obríganos a ir embozados pola rúa, non achegarnos aos demais, ser abstemios á forza, deixar de ser noctámbulos e coutar os nosos movementos como se unha barreira invisible –como a ideada por Stephen King- nos impedira saír da nosa xeografía habitual.

E resulta ser unha normalidade máis triste, escura e perigosamente máis posesiva, afacéndonos á inmovilidade, xa que o corpo tende ao aforro e canto menos nos movemos, menos queremos movernos.

Con arreglo a esta rara normalidade vimos de celebrar en Lugo a XLII Semana de Cine, na que experimentei a extraña situación de respirar cun filtro no libre mundo da sétima arte. E diante desta anormalidade, négome a admitir que esteamos nunha situación mínimamente normal e cáeme a alma aos pés ao ver unha gran superficie de butacas considerada chea con trinta asistentes.

Hai aspectos vitais nos que o tamaño non importa, senón que priman cuestións cualitativas, pero todo se me vai en suspirar por novos tempos que teñen que vir, e nos leven de novo a unha situación onde todo volva ser con arreglo ao que aprendemos que era normal dentro do noso xeito de vivir.

En tanto, vivamos como poidamos esta situación anormal e soñemos, alma, soñemos, que dicía o clásico, en que ten que chegar un momento en que os supervivintes volveremos/volverán a unha confortable sensación de normalidade, onde esta singular anormalidade non sexa máis ca un mal recordo ou un mal soño.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania