Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non lastren a educación democrática!

viernes, 04 de diciembre de 2020
A demografía social, está naturalmente estruturada en diferentes xeracións, cuxos membros posúen unha configuración da súa personalidade correspondente a un período histórico, en parte, propio, e, en parte, compartido con outras xeracións. Dentro da mesma idade histórica da sociedade que constitúen, os membros de todas a xeracións que conviven son coetáneos, da mesma idade; pero NON PROPIA E TEMPORAL, SENÓN HISTÓRICA. E isto é importante, porque comparten as posibilidades que lles permiten, selectivamente, realizarse nun común máis ou menos discrepante, agrupándose a tal fin por opinións coincidentes no esencial e matizadas no accidental.

Así se explica que nun mesmo partido político, por exemplo, estean afiliadas persoas de todas as xeracións desde a mocidade á vellez; pero cando se trata de diferenciar o esencial do accidental, loxicamente, os afiliados dotados de experiencia non sempre comparten os mesmos criterios que os das novas xeracións. E hai que recoñecer que ambas posturas, as máis conservadoras (incluso dentro dun partido auto–cualificado de progresista) frean os impulsos dinámicos dos máis novos; pero ambas posturas son necesarias, porque, como xa afirmamos noutro traballo, as sociedades sen os impulsos das novas xeracións, anquilósanse, e sen o freo da experiencia de quen a posúe, en xeral maiores en idade persoal e histórica, desmándanse.

Pero confundir estas funcionalidades e roles duns ou doutros co privilexio de ostentar a gobernabilidade dun país, é dunha ignorancia supina, e un insulto a democracia, sobre todo considerando o que nos ofrecen as historias das maiores democracias do mundo, que primaron moito máis a confianza en persoeiros dotados de experiencia e curtidos en anos que en produtos en agraz acabando de saír das greñas universitarias. E, en todo caso, quen decide esta designación é o pobo soberano, nas oportunidades electorais.

Sen dúbida, o pobo pode equivocase, e sobre todo cando a debida formación e educación dos cidadáns está tan descoidada nesta materia e manipulada por cada poder bastardo que vai xurdindo nas sociedades, e incluso as regras do xogo democrático son o suficientemente deficientes para permitir verdadeiras aberracións, non só na elección, senón na mesma admisión indiscriminada de candidatos, de tal maneira que os mesmos gobernos democráticos acaban inverténdose en fomentadores dunha especie de confusa poli–ditadura, e os parlamentos, que poucas veces son exemplo das boas formas de educación democrática, acaban sendo algarabías regradas.

Todo isto leva a sospeitar se estaremos nunha época que parece abrazar entusiasticamente o hegelianismo, porque as contradicións están converténdose na raíz de moitos comportamentos e manifestacións vitais. Os lóxicos, por conseguinte, teñen materia para lucirse investigando, non nas verdadeiras fontes, senón nas mesmas pucharcas dalgunhas supremas responsabilidades, e ata poden contradicir a Louise May Alcott, que sostiña que o debate era masculino, e a conversación feminina. Mais agora, nos nosos tempos, e nesto creo que afortunadamente, as tornas cambiaron. O que ocorre é que o debate xa non é tanto discutir opinións distintas con vontade clarificadora e selectiva, como combater a opinión oposta, porque o sentimento de certezas propias parece que nestes tempos imponse polo afán desmedido de non pararse a considerar o valor do pasado e reducir o histórico ao anecdotario.

Pero cando se pretende lastrar a aplicación dos principios fundamentais da democracia, alegando dereitos a ocupar situacións con fundamento só na condición da idade, sen unha sola reflexión argumental, con paradoxo, estase evidenciando un inmaturo persoal, un descoñecemento de como nun sistema democrático se accede aos postos de responsabilidade e, cando menos, á simple percepción, evidénciase unha incapacidade persoal que imposibilita o desempeño intelixente de cargos que impliquen servizos públicos de elevada transcendencia e o uso dunha audacia, que, como di Casimir Delavigne, que leva nalgúns casos á unha necesaria prudencia; pero soe faltar, cando máis se necesita, nas mans dos que se ceban no poder para esvaecer as súas carencias.

Pero hai que engadir aquí que os servidores públicos non acaban de concienciarse da existencia dun importante obxectivo que, polo menos implicitamente, estalles atribuído acadar: Comportarse como referentes pedagóxicos na sociedade. Evitar mentir ao pobo que o elixiu, e non perder o sentido de servizo ao mesmo que é o que paga e no que radica o verdadeiro poder. As manifestacións públicas de multitudes de cidadáns, cando están facendo uso dun dereito democrático, e non como mera grea acaudillada con interese partidista, son unha proba de que algo está fallando nos comportamentos dos que teñen encomendadas as funcións gobernativas: É unha vergoña que durante tanto tempo, por exemplo, o problema de Alcoa, no Norte da provincia de Lugo, non encontrara aínda unha solución, sobre todo considerando as numerosas implicacións que comporta. O sentido da responsabilidade, o do servizo, o da funcionalidade pedagóxica e o mesmo sentido común, están evidenciando unha falta de firmeza na solución dun problema, que ninguén nega a súa dificultade, pero está poñendo a proba a capacidade gobernativa para facer un uso pertinente do lexítimo poder do goberno, en defensa do interese xeral e da protección aos máis necesitados.

Engademos a isto que, como penso que suxire Felipe González, non é fácil entender que un goberno que pretende levar a cabo un proxecto estatal, busque apoio en quen pretende facelo abortar. E permítanme que agregue que esa clase de decisións, acompañadas de actitudes infantís na presentación ao pobo, e que a oposición tampouco se desboca en evitar, cuestionan competencias, irritan vítimas de verdadeiros crimes e inquietan a cidadanía, xustamente nos instantes máis necesitados de sosego, serenidade e fomento de esperanzas, nun país non pouco azoutado pola aberración da insensatez política ao través da súa historia, e non sobrado destas evidencias na actualidade, que sempre ten que estar á procura dunha boa acollida internacional, da que se adoita alardear ridiculamente.

Non xoguemos, pois, coa democracia, nin a lastremos con impertinentes insensateces, instrumentalizándoa ao servizo de infantís laudes e pedanterías propias, que lonxe de lucir, evidencian…!.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES