Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Os sen nome

viernes, 04 de diciembre de 2020
Pertenzo ó mundo dos sen nome. Porque vou pola vida sen presentarme e furgando por entre as mantas dos desexos. Os sen nome somos aqueles que alcanzamos os soños sen soñar. Outros soñan toda unha vida e quedan a velas vir. É a lei xa xungla. Achégome ata unha circunvalación de pensamentos e atrapállome de tal maneira que non sei a cal prestarlle máis a atención. Case prefiro retroceder, ou sexa, deixar a mente en branco e non pensar Pingas de Orballo: Os sen nome máis. Sentirme coma un sen nome. Porque nada son e nada teño e nada quero.
Sento á beira dos que están sentados. Somos uns cantos os que pertencemos ó cosmos, ó universo dos sen nome. Miro para eles e véxoos tan paspáns coma un asubío perdido na néboa. Somos un reduto desnortado na infinidade do tempo; ou no medio dun verso solto. Sábese que hai versos soltos que enchen un poema; un poema acochado detrás dunha palleira. Despois, cada quen que o recite cando queira. Contemplo ós sen nome e penso que a vida está mal repartida; uns levan apelativos cariñosos en todo o seu peregrinar e outros non temos nome nin para nos presentar. Son o home sen nome, porque nada son e nada teño. Tamén é verdade que nada quero.
Os sen nome camiñamos en silencio polo medio da indiferenza dos demais mortais. Porque ninguén nos coñece. Porque non nos deixamos ver. Porque non somos nada. Claro que tamén é certo que só seguimos un camiño: o dos biosbardos con sensación a baleiro. Sorrío ante os sen nome e quedo tranquilo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES