Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiños do medio na inclusión

miércoles, 02 de diciembre de 2020
Preocúpame moito a polémica que está a suscitar a lei Celáa no tocante aos centros de educación especial. Preocúpame porque creo que está a dividir un colectivo que debería estar sempre unido nunha fronte común polo benestar. Non me importar dicir que eu apoio o feito de que pouco a pouco se trate de incluír todo tipo de diversidades funcionais na educación pública porque creo que é o alicerce fundamental dunha futura sociedade inclusiva xa que o que se naturaliza na infancia normalizarase na vida posterior. Polo tanto creo que é fundamental desenvolver un sistema educativo capaz de dar a luz a unha sociedade diversa e inclusiva. Como fillo da educación pública, daquela integradora , teño que estar de acordo e apostar pola escolarización ordinaria.

Agora ben: empatizo cos que se opoñen a esta lei por medo a que o seus fillos perdan unha atención imprescindible. Creo que hai que buscar camiños do medio para atraer a estas familias cara a inclusiva e isto pasa por garantir todos os dereitos cos recursos necesarios para o seu cumprimento efectivo. Boto en falta saber como se vai facer a transición cara a inclusiva e neste sentido comprendo (sen compartir esta visión) as mobilizacións que se están producindo.

A partir de todo o visto, escoitado e lido pregúntome: non será posible xerar camiños do medio entre a educación especial e a inclusiva? Na miña época habíaos e eu, fillo orgulloso da pública, tiven en Portomarín unha gran mestra de educación especial: Blanca que me axudou a apuntalar aspectos educativos nos que necesitaba reforzo como as matemáticas. Grazas á súa axuda conseguín cousas marabillosas como poder escribir cunha caligrafía mínima que hoxe me permite breves apuntamentos ou firmar por min mesmo.

Por todo isto coido que o futuro da educación é que os profesionais normativicen os camiños do medio e que cada caso sexa atendido de acordo coas súas necesidades. O que hai que evitar a toda costa é enfrontar á especial coa inclusiva porque este enfrontamento simplemente fai carnaza para posicións políticas antagónicas que pouco ou nada nos han aportar.

A miña posición é, por unha parte, que a especial debe buscar ocos de inclusión nos que a súa labor transcenda os muros do colexio para proxectarse na sociedade. Pola outra, que na medida do posible se tezan interdependencias entre as dúas para conseguir a fronte do benestar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES