Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O intruso

jueves, 03 de diciembre de 2020
Son un intruso. Son o intruso que me meto nun dicionario para roubar as palabras da miña comenencia. Son o intruso que penetro nunha habitación para espiar o ritmo cardíaco dunha muller durmida ou dun soño acompasado. Achégome agachado polas corredoiras da inocencia para saber se a rula aniña nunha silveira ou nas gallas dunha cerdeira. Son o Pingas de Orballo: O intrusointruso que entra no cuco do reloxo para deter o tempo e para, desde a caixa, asubiar unha canción na que o silencio se sente esmagado por un berro seco e longo. Deixo que os meus ollos axexan ou guichen o vaivén do peito da muller durmida, para que o desexo dunha ilusión acompañe a felicidade dun ir e vir eterno. Son un intruso.
Son o intruso que se agarra ás sabas brancas dunha cama, onde a paixón dun momento queda suspendida no tempo. Nese tempo no que un sorriso vale mil versos e no que un poema se fai eterno. A poesía é o campo de batalla dos soños. Os soños acubíllanse debaixo dun balcón e esperan a que a realidade asome nun novo día. Son o intruso que me meto polas rúas ás agachadas para axexar quen vai, quen vén, quen quero que vaia e quen quero que veña. Son o intruso que me emociono cun tema de Pink Floyd e que sento nunha pedra para que me acariñe un pouco o sol. Son un intruso.
Son o intruso que corro polos montes dos Castros, desde os que berro ós catro ventos de que a vida é un cantar nos labios e un ramo de rosas na man. E quedo tan feliz. Son o intruso da miña propia canción, e da miña propia esencia, e das miñas propias palabras. Son a miña propia novela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES