Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O belén de Momán adáptase á pandemia e esíxelles PCR aos Reis Magos

miércoles, 02 de diciembre de 2020
O beln de Momn adptase  pandemia e esxelles PCR aos Reis Magos O párroco Luis Rodríguez Patiño instalou un Nacemento no que as figuras deberán manter a distancia de seguridade e respectar o toque de queda.
O belén de Momán adáptase á pandemia e esíxelles PCR aos Reis Magos
Belén de Momán

Xa ninguén se sorprende ao coñecer as novidades que introduce cada ano o belén de Momán (Xermade). Desta volta, a reivindicativa representación do Nacemento inclúe un detallado protocolo anti-covid e un cárcere para os corruptos.

Así, a capela de San Antón de Momán exporá este Nadal un belén moi adaptado a estes tempos de pandemia.

O párroco, Luis Ángel Rodríguez Patiño, explica que este ano só haberá seis nenos pastores e "deberán manter unha distancia de seguridade".

Ademais, "se se instala unha taberna, pecharase a partir das dez da noite", de acordo ao toque de queda imposto polo Goberno.

Do mesmo xeito, a participación no Belén queda restrinxida para todo o persoal non esencial ("o carro, as lavandeiras, o panadeiro, os romanos de Herodes...) e en ningún caso se poderá superar o 50% da capacidade, sinala Rodríguez Patiño. Iso si, "as ovellas pequenas, os porcos, as cabras e os patos non contan", precisa.

O cura decidiu que San Xosé, a Virxe e o Neno poden estar xuntos no pesebre, xa que son convivintes, pero colocarase un cordón de seguridade a dous metros do berce.

As restricións tamén afectan aos Magos de Oriente, que "terán que vir antes para pasar a corentena" e "facer unha PCR". "Os camelos quedarán na última cidade confinada pola que pasen", engade.

Ademais, tampouco está permitida a presenza do anxo "no caso de que aletee e teña un efecto aerosol", por se acaso iso puidese propagar o virus.

O Belén de Momán fai referencia á pandemia.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES