Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De black friday a venres negro

miércoles, 02 de diciembre de 2020
Hoxe é un venres negro. Moi negro. Máis negro que o do ano pasado. E máis aínda que o do ano anterior. Non pola meteoroloxía, que parece que se vai portar ben, día claro en Ribadeo. Tampouco o digo polo coronavirus, que mesmo ás veces semella se vai embridando na segunda ola, senón pola economía. E non tanto pola economía na era do coronavirus, recibindo golpes moi duros, pero máis dispersos no tempo, senón pola economía no día da competencia alén do anaco da terra que pisamos tódolos días. Black friday: venres negro. Parece que o apelativo de negro pouco ten que ver en orixe cunha desgraza, pero hoxe si, é unha desgraza para o tradicional comercio das nosas rúas.

Non, non se pode competir con Amazon se non es Alibaba ou semellante, por moito que a asociación de comerciantes local se empeñe. Non, ao menos en tódolos campos.

Pero aínda así, hai que facelo. Procurando un nicho non que se necesiten probar os produtos a mercar, un mantemento local o calquera outra cousa que permita unha mínima posibilidade. Un paliativo temporal. Mentres, o venres negro será iso, unha negra drenaxe de recursos que se van lonxe e que non é doado facelos retornar despois.

Aínda así hai que facelo, si, mais non chamando á esmola ós veciños invocando a solidariedade mentres se pretende seguir co 'business as usual', senón volvendo a inventar a comunidade e os negocios. Ó fin, as grandes compañías xa o están facendo, están reinventando os negocios e a relación coa xente ó seu xeito, cunha man de ferro e outra de seda. E competir con esas grandes corporacións usando os sistemas que coñecen mellor, nos que foron pioneiras e levan todas as de ganar, non é unha boa estratexia.

Non, non teño ideas salvíficas para o comercio, como se estivera aparte do noso mundo. Un comercio nunha esfera de cristal que ademais se puidera subdividir noutras esferas máis pequenas, locais. Como se os subministros que teñen non viñeran de fora. Como se as nosas materias primas non se foran 'crear valor' fóra para volver como útiles, necesarios cunha necesidade real ou suposta, tras un pago maior do que xeraron ó marchar.

E mentres podemos estar a discutir sobre un punto concreto do sistema, os comercios seguen a anunciar un black friday imitativo para tentar aproveitar algo que espreme dende fóra quen ten os recursos, tecnoloxía, medios, poder, para facelo dun xeito moito máis eficiente. Pero o sistema, que non se toque!
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES