Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portas Abertas

jueves, 03 de diciembre de 2020
O descorrer da vida obriga a compaxinar as luces e as sombras. Descubrir a cara e a cruz de cada situación fainos comprender que o negativo tamén ten a súa parte positiva, aínda que a veces sexa difícil de encontrar. Sobre a pandemia que estamos a vivir corren a diario ríos de tinta acentuando momentos realmente duros e difíciles, sobre todo, para as persoas que xa teñen máis dificultades engadidas. No deserto das necesidades e dos problemas de sempre tamén se atopan algúns oasis.

Facendo referencia ao refrán "a río revolto, ganancia de pescadores" quero resaltar algunhas Portas Abertasmigallas que podemos aproveitar as persoas con mobilidade reducida. Algo así como se, por uns momentos, estiveran máis presentes os principios de "accesibilidade universal e deseño para todos" polos que tanto loitamos. Detalles que para a maioría pasarán desapercibidos, para nós chegan a ser logros importantes.

Fronte á dispensadores de xel inaccesibles, demasiada información sen prever unha lectura fácil, máscaras que non deixan ver os beizos... por poñer algúns exemplos, tamén encontramos "portas abertas". Dende a perspectiva de levar as mans ocupadas con bastóns ou desprazarse nunha cadeira de rodas non se imaxinan o que chegan a representar as portas de apertura automática ou xa abertas. O mesmo pasa cos colectores do lixo que recomendan ter abertos e así suplen á falta de accesibilidade que tanto se resiste no concello de Lugo.

Outro aspecto a destacar é a sinalización resumida e máis atractiva. Os pictogramas facilitan unha mellor orientación. Non é cuestión de medios, senón de ideas. Perder algo de medo ás redes sociais tamén axuda. A tecnoloxía ao noso favor permítenos participar en igualdade de condicións en foros, debates, reunións... sen necesidade de valorar se haberá que salvar barreiras arquitectónicas.

Mención especial merece a maior distancia física que nos proporciona unha mobilidade máis cómoda. Acostuma a confundirse con distancia social cando non é o mesmo. Desa xa temos dabondo. As palabras contan e unha terminoloxía mal empregada pode confundir. Neste 3 de decembro, Día Internacional da Diversidade Funcional, remato destacando esas miradas que nos igualan á hora de comunicarnos. Unha vez máis se demostra que o que é necesario para algúns, é bo para todos.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES