Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A arte de roubar

miércoles, 02 de diciembre de 2020
A arte de roubar consiste en quitarlle os soños a alguén cando realmente pensa que está soñando de verdade. Tamén se lle pode roubar a alguén a alma. Moi a miúdo se lle rouba a alguén a alma. A alma e a vida. A arte de roubar está en facelo tan ben que nin o que o fai se decata de que está roubando. Sinceramente, para isto eu non valgo. Porque lle quero roubar a felicidade ó que é feliz, e non hai maneira, non podo. Ás veces ata se me dá por pensar que ó mellor non o consigo porque eu mesmo son feliz. Pingas de Orballo: A arte de roubarHai misterios que non sei resolver. O outro día quixen roubarlle un sorriso a un neno e deume tal vergonza que ata me peguei unha labazada a min mesmo. A quen se lle ocorre xogar coa felicidade dun neno!
A arte de roubar está en querer roubarlle un tema musical ó gran compositor Zbigniew Preisner pero, sabendo que non llo sabería asubiar, nin tan sequera o intentei. E iso que penso que asubío moi ben. Quero roubar o latexo dun corazón, pero atópome con moitos atrancos no percorrido. A arte de roubar sei que está na cerna do político, mais, maldita sexa, non son político Teño que optar, entón, por roubar, por exemplo, os sentimentos dunha canción, que, nestas, sempre hai a esgalla. Sería bonito roubar a palabra do listo, a mirada do que ve máis alá dunha sinxela rutina e as bágoas dunha emoción. Como roubar un adeus para que alguén non se vaia nunca, ou roubar o tempo para asentar a nostalxia de toda unha vida. Pero a arte de roubar non a ten calquera.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES