Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maio festeiro

viernes, 16 de mayo de 2008
Coinciden nesta fin de semana dúas festas importantes para Galicia. Unha, a máis coñecida, o “Día das Letras Galegas”, a xornada na que se honra ós máis destacados creadores da nosa literatura e con eles o feito de escribir en lingua galega. A outra, o Día mundial das Telecomunicacións ou Día de Internet. As dúas festas son vitais para unha terra coma a nosa, como xeito de eliminar barreiras e acceder á cultura e á comunicación independientemente do lugar onde nos encontremos.

O Día das Letras, agora oficialmente festivo, celébrase especialmente nos centros educativos, nos centros culturais, nas entidades sociais, como reivindicación e como testemuña da vitalidade dunha lingua milenaria que segue a producir exemplos senlleiros de creación de altísimo nivel.

O Día das Telecomunicacións ou de Internet, pode e debe celebrarse con actos a cargo de colectivos relacionados co tema pero especialmente coa entrada da Rede nos fogares galegos e a cobertura do noso territorio coa banda ancha para poder comunicarse. A cobertura neste momento está nun teórico 95% do territorio, a matizar con que cualidade, e estan conectados a Internet un tercio dos fogares galegos.

www.galiciadigital.com, con toda a modestia que queiramos, representa a conexión nestes dous mundos. Pertencemos ó mundo da comunicación, e mandamos “urbi et orbe” a nosa mensaxe, contribuíndo a fomentar que a Internet en Galicia deixe de ser minoría para ir converténdose nun fenómeno habitual, diario, total. Parte do noso traballo está en galego, e un dos nosos portais leva o nome de www.diadasletrasgalegas.com.

Esta é, pois, unha fin de semana festeira por excelencia neste maio que florece en toda a xeografía coas primeiras festas primaverais. Maio festeiro que nos afianza na nosa individualidade e que á vez nos eleva e nos xunta a todo o mundo por medio desta Rede que está demostrando ser o máis perfecto xeito de comunicarse as xentes e de difundir os pensamentos e a cultura igualando deberes e dereitos, igualando ás xentes como ningún medio o conseguiu con anterioridade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES