Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un xenio e un autónomo

lunes, 30 de noviembre de 2020
En máis de oito meses pódese dicir que a semana pasada aconteceu un feito tan extraordinario que foi o único que conseguiu vencer á Covid nas portadas de practicamente todos os medios de comunicación, non só de España, Arxentina e Italia, senón de todo o planeta. A morte de Diego Armando Maradona puxo patas arriba os sentimentos de toda a sociedade, ata a daqueles que non aman o fútbol. Unha morte máis que anunciada e esperada. Penso que bastante el aguantou. Segundo foi xenial como xogador (si, case se pode dicir que foi Deus), foi o reverso fóra dos campos de fútbol.

Pros e contras dun xenio en tan só un partido: o famoso Inglaterra-Arxentina do Mundial de México en 1986, que estes ganaron por 2-1 e marcando, por suposto, os dous goles Maradona. O segundo gol que marcou creo que está considerado como o mellor de todos os tempos. Pero o primeiro, ó primeiro a prensa deportiva gábao como unha "pillería", como unha algueirada do xogador arxentino, que foi capaz de metelo coa súa man esquerda. Sinceramente, iso nin é gol nin é nada; simplemente é unha ilegalidade que puido reverter o resultado dun partido. Se este gol o mete incluso outro xogador arxentino calquera, a prensa falaría dun gol que nunca debería subir ó marcador, pero como o meteu Maradona, foi unha xenialidade; a picardía dun xenio. E deixo ó que quizais sexa o mellor xogador da historia porque estes días bordáronse ríos de tinta sobre a súa vida e a súa paixón.

Paso a un xogador que temos en Ourense que, o domingo 22, conseguiu driblar ó confinamento que hai na cidade para marchar a comer a Froufe, en Baños de Molgas. Moi contento eu de que fose deixar os cartos ó Foxo, no meu concello, pero é certo que o puido e o pode facer noutras ocasións. Como seica é autónomo pode ir a onde lle dea a gana. Nin autónomo nin leite en vinagre!; como alcalde debería dar exemplo. Perdón, como alcaldiño. Toda unha vida pregoando que os domingos e festas de gardar son para descansar, e agora resulta que todo o mundo traballa en domingo. Cambiaron os tempos. E se non cambiaron, algúns si os fan cambiar. Agora tamén driblará á xustiza, porque, aínda que ningunha patrulla o detivo no seu camiño, aí están as fotos e datos que si demostran que saltou ás baroutas. Seica están estudando o asunto. Xa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania