Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Anarquía viaria

viernes, 27 de noviembre de 2020
Que contrasentido que, neste tempo en que todo está regulado, se tomen máis á lixeira ca nunca temas que afectan ao noso discurrir polas rúas da capital lucense. E postos a decidir como comportarnos na circulación viaria, todos deberíamos ter moi claro as obrigas de peatóns e conductores, e dos usuarios doutros tipos de vehículos, automóbiles ou non, con especial atención a nenos, persoas con discapacidade física e maiores.

Se os peatóns cruzamos as rúas por lugar diferente ao que está marcado como pasos para nós, ou cando os semáforos están en bermello se os coches están a uns metros de distancia, non entendo como podemos extrañarnos de que os conductores esquiven os peatóns nos pasos para eles sinalados ou fagan extraños manexos para evitar os pasos elevados no asfalto.

A esta loita cotián xúntanse as bicicletas que circulan polas beirarrúas ou por zonas peatonais esquivando peatóns, destacando os que disfrutan facendo cabriolas que desazonan aos que temos dificultades de movemento, ou levamos nenos connosco.

Os motoristas de reparto que traducen urxencia como patente de corso, evidencian que ou moi ben controlan os seus vehículos ou a divina providencia protexe aos lucenses ao non ter que rexistrar máis accidentes nas caóticas rúas lucenses.

E por fin, os patinetes, veñen a acreditar que aínda era posible complicar máis o feito de andar sen armadura pola xeografía urbana lucense, non agardando demasiado da disposición que vai restrinxir a circulación dos patinetes a motor, que aínda teñen que nos dar moitas sorpresas aos que xa non estamos en idade de equilibrios, especialmente sobre unha tabla.

E todo ten posibilidade de complicarse, por difícil que pareza. E a miña experiencia máis recente, nestes días de peche perimetral e de Lei Seca, son os patinetes colectivos. Ao comezo, pensei que vía doble, pero non era así, xa que apareceron por Lugo patinetes de doble praza, cun conductor e un viaxeiro, os dous sen casco, os dous disfrutando da liberdade e do vento; os dous ríndose dos circulantes ao seu arredor, sexamos peatóns ou conductores.

A diferencia, entre os que temos ese doble papel, é que cando somos conductores o coche protexenos físicamente; pero se somos peatóns, temos un problema; moitos problemas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES