Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Relacións humanas

jueves, 26 de noviembre de 2020
Tódolos seres vivos precisamos compañía.
Os seres humanos máis que ninguén.
A relación entre persoas faise imprescindible; empezando polos pais, os irmáns, o resto da familia, os veciños e o resto das persoas coas que nos encontramos ó longo da vida.

AS RELACIÓNS PRESENCIAIS TEÑEN MOITAS VENTAXAS.
Por eso:
-MOITO MELLOR A CRIANZA NO FOGAR:
As criaturas precisan o calor do fogar para desenrolar a súa vida afectiva e para recibir unha eduación en valores:
O tempo e os consellos que se reciben no seo do fogar, marcan para toda a vida.
Non hai colexio nin internado, por moi bos que sexan, que poidan suplir as vivencias do fogar.

-MOITO MELLOR AS BOAS RELACIÓNS VECIÑAIS:
Nas que as persoas se comunican e se apoian fan a vida agradable, dan seguridade, ofrecen confianza…
Veciños así son como unha gran familia.

-MOITO MELLOR A EDUCACIÓN PRESENCIAL:
O alumnado agradece a presencia do docente ó que pode preguntarlle tódalas dúbidas como se dun membro da familia se tratara.
Os docentes deixan unha pegada moi profunda no corazón do alumnado. Son os segundos pais. A eles debémoslles boa parte do que sabemos e do que somos.
E tamén é moi aconsellable a relación persoal coas persoas da mesma xeración.

-MOITO MELLOR A ATENCIÓN SANITARIA PRESENCIAL:
Unha mirada dóce, unha palabra garimosa, a man suave dun sanitario cando estamos mal é unha boa medicina.

-MOITO MELLOR UNHA PERSOA QUE UNHA MÁQUINA
Na actualidade moitos trámites xa se fan telematicamente, pero cando encontramos cun funcionario/a amable que nos aconsella e orienta, podemos evitar moitos problemas.

-MOITO MELLOR QUE TE SIRVAN NA ESTACIÓN DE SERVIZO:
A presenza dunha persoa que te saúda e te serve amablemente, non ten comparación co feito de ter que baixarse do coche, poñer unhas luvas, autoservirse e ter que ir a pagar onde hai unha persoa co que nin se cruza unha palabra e, a veces, nin unha mirada.

-MELLOR QUE NOS COBRE A PEAXE DA AUTOPISTA UNHA PERSOA:
Cando nos atopamos cun artiluxio nas autopistas que: se moedas, se tarxeta, se billetes…
¡Cando máis humano non é que nos cobre unha persoa e que nos diga:
¡Boa viaxe!

CON TODO, NOS MUNDO QUE NOS TOCA VIVIR, ÁS MÁQUINAS IMPÓÑENSE:

-Para que a infancia nos nos moleste, ENCHUFÁMOLA A UNHA MAQUINIÑA DESDE A MÁIS TENRA INFANCIA.

-PARA QUE OS ESTUDIANTES TEÑAN ACCESO A TODO, TAMÉN OS CONECTAMOS A UNA NAVEGADOR onde poderán encontrar abundante información.
E con copiar e pegar, xa poderán presentar un brillante traballo AÍNDA QUE NON SEXA UN TRABALLO BRILLANTE.
Pero na vida non todo é: copiar e pegar.

-Para que non colapsen os servizos sanitarios, obrígannos a consultar telefonicamente.
E como as liñas tamén están saturadas, OS DOENTES DESESPÉRANSE E AGRAVAN A SÚA DOENZA .

-Xustificando que é máis práctico resolver trámites de forma telemática, O QUE SE FAI É COMPLICARLLE A VIDA A UN COLECTIVO MOI NUMEROSO DE PERSOAS QUE FORON AS QUE LEVANTARON O PAÍS AÍNDA QUE NA SÚA VIDA TIVERAN NOTICIA DA INFORMÁTICA.
Debe ser porque resulta máis económica unha máquina que unha persoa.

A UNHA MÁQUINA NON HAI QUE PAGARLLE A SEGURIDADE SOCIAL, PERO TAMPOUCO COTIZA.

¿É esta a maneira de construír relacións humanas?
¿CARA A ONDE IMOS?

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa colaboración na construción dun mundo con relacións máis humanas.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES