Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Unha bandada de lunáticos/ Sinalado pola morte

viernes, 27 de noviembre de 2020
Unha bandada de lunáticos
Unha bandada de lunáticos quixéronseme subir á chepa, pero non me deixei. Teño a miña carraxe dentro cando alguén se quere meter comigo. Ás veces ata lles cuspo na cara a algúns ou lles dou unha patada nas súas partes, para que saiban quen son eu. Eu son o Filomeno da Consuelo e fillo do Escornabois. Un dos lunáticos é o fillo da Audosia Repenica, que sempre me caeu algo atravesado, porque unha vez vin como desprezaba á filla da Perrecha. Xa sei que é unha palabra fea, pero así lle chaman; que lle vou facer Pingas de Orballo: Unha bandada de lunáticos/ Sinalado pola morteeu! Claro que o de palabra fea é para eses señoritos que son moi recatados, pero como tal vocábulo, ben que asoma nos dicionarios. E digo sempre que todo o que aparece nos dicionarios é para usarse, non si? Outro dos lunáticos era Roxelio Sandiós, ó que lle faltaba un fervor, pero para facer dano si lle regulaban ben os miolos. E había tres máis ós que non coñecía ben. Sei que eran da contorna, pero non sabería concretar as súas aldeas.
Pois os cinco lunáticos quixeron saltarme á chepa cando ía camiño do muíño do Dositeo, pero eu, claro, non me deixei. Porque levaba unha gadaña sobre o ombreiro dereito (ó volver do muíño pensaba coller un feixe de outono no Rigueiral, lugar pegadiño á aldea de Bouzas) e cando a puxen en dirección ós seus corpos miráronse entre si e frearon en seco. "Este será capaz de...", dixo un. Probade, a ver; contesteilles. Bandada de lunáticos, carallo, que non aguantades unha labazada dun esquelético! Quedaron coa boca aberta e liscaron co rabo entre as pernas. A ver, de algo me ten que valer a carraxe que levo dentro.

Sinalado pola morte
Estou sinalado pola morte desde que nacín. Pero non penso poñerllo tan fácil. Á morte, digo. Antes quero rirme na súa cara durante moitos anos. Moitos. Eu ben sei que estou sinalado pola morte, pero non lle fago caso. Non me vai vencer así como así. Antes aínda lle teño que dar guerra ós que non me entenden. Ós que me entenden, para que quero unha guerra con eles? Non sei se me explico. E sei que hai moitos que non Pingas de Orballo: Unha bandada de lunáticos/ Sinalado pola morteme entenden. E que? Aquí estou para explicarlles as cousas. Ó dereito e ós revés, se fai falta. E antes de que esa astrosa me venza, que aínda estará por ver se me vence.
Estou sinalado pola morte desde o 5 de abril de 1959, pero, xa vedes, máis de 60 anos dándolle guerra a esa malpocada. Á morte, digo. Lembro que me quixo visitar unha vez hai 40 anos, pero loitei con máis folgos ca un sapo ou a brazo partido, como se adoita dicir, ou case mellor co mosquetón ó ombreiro (era na mili) e conseguín vencela. Como carallo me ía deixar levar naqueles tempos se aínda era un adolescente, un parvioliño!
Demo negro, si, houbo outra vez no que me sinalou a condenada esa. O 14 de agosto de 1993, nunha estrada luguesa. Pero tamén lle puxen cara seria, cara de ferreiro e marchou co rabo entre as pernas. A morte, digo. Non obstante, recoñezo que a moi puta, aquel día, meteume o medo no corpo. Si, xa me sinalou por dúas veces, pero aquí estou, dándolle máis guerra ca nunca. Porque non me vai levar tan axiña como pensa ela. Non lle queda nada de espera! Máis de 40 anos aínda. Máis, máis, moitos máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES