Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mais alá da realidade

lunes, 23 de noviembre de 2020
Mais al da realidade Mentres escoito a banda sonora de “Carros de fogo”, do compositor Vangelis, ou o que é o mesmo, Evangelos Odysseas Papathanassiou e manipulando nos meus listados cinematográficos atopeime co seguinte título dunha película de 1986: “Máis alá da realidade”.

Frase perfecta para iniciar este Recuncho dicindo que máis alá da realidade seguirá o galego dando guerra, por moito que a algúns lles rebente ou lles amole, e por moito que o queiran condenar ó ostracismo. É que hai uns día a presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, quitoulle a palabra ó militante do BNG Néstor Rego porque este quixo facer o seu discurso na lingua que nos pariu ós do Padornelo para acá.

E digo eu: se o Congreso representa a toda España e se Galicia pertence a España, por que non se pode falar no hemiciclo o galego? Se non erro, existe unha profesión de tradutores. Non hai por que negarlle a esencia, a alma a case todo un pobo! Digo case porque sempre aparecerán eses listos que din que algúns queremos impoñer o galego sobre o castelán. Quen impón a quen?

Máis alá da realidade segue estando o noso rei emérito, que, á nosa conta, viviu, vive e vivirá coma un rei. Acabamos de saber que seica gastou oito millóns de euros en voos de pracer. E un servidor desexando viaxar ás antípodas ou á Alaska, aínda que non se me perdera nada alá. Non quero pensar no que aínda non sabemos sobre o que acontece nesa ou con esa familia da Zarzuela. Se é condenable o que sabemos, como será o que non sabemos. Porque no bulleiro sempre hai sucidade, porcallada, moito lixo. E aquí tamén asomarán eses listos defendendo unha monarquía que seica vela por nós.

Máis alá da realidade segue estando a xustiza. Esta nunca conseguirá arar dereito. En Ourense absolveron a un inquilino porque quen fixo os estragos na vivenda na que vivía de aluguer foi o can que tiña e non el. O razoamento da xustiza foi lóxico e sinxelo: "e nulo reproche penal se lle pode facer", ó can, se entende. Non valeu de nada que entre o dono do piso e o inquilino asinaran un contrato no que se prohibían mascotas. E se o can (que é mascota, tamén se entende) escarallou o piso, de quen é a culpa? Para min: da xustiza!, que segue unha e outra vez e mil máis coa venda nos ollos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES