Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por fin, Semana de Cine 2020 de Lugo

domingo, 22 de noviembre de 2020
 Por fin, Semana de Cine 2020 de Lugo Na xa longa traxectoria desta anual celebración da sétima arte, e polo tanto da ilusión da arte e dos que dela disfrutan, temos pasado os avatares máis diversos, case todos de índole económica, que fomos superando con entusiasmo, con esforzo, con unión. Pero este ano abateuse sobre toda a sociedade un inimigo diferente e implacable que nos fixo cavilar, recapitular, sobre moitas cuestións que a diario nos afectan.

A conclusión á que chegamos foi que colecivamente somos, temos que ser, capaces de superar todas as vicisitudes, aproveitar as súas ensinanzas, e manter e se é posible incrementar a ilusión que ten que iluminar a nosa vida.

Sen que queiramos darlle máis transcendencia a esta festa que a de ser, por definición, unha festa da ilusión manifestada en todas e cada unha das producións que se difundan, chamamos a todos os lucenses a renovar e incrementar a ilusión de vivir deixándose mergullar no cine, que non sabe de fracasos senón de renaceres, que sabe de dór pero especialmente de esperanza, que sabe de realidades e polo tanto de vida.

Por fin, Semana de Cine 2020 de Lugo! Co natural retraso, unha cita habitual desde 1979. Que sexades iilusionadamente felices, connosco, no CINE.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, organizador da Semana de Cine de Lugo).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES