Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chistes sobre galegos

jueves, 15 de mayo de 2008
De novo somos noticia na Arxentina. Todos os galegos, porque formamos parte dunha colectividade moi numerosa, traballadora, con cota moi importante na poboación daquel país, con influencia tal que se lles chama “gallegos” a todos os procedentes do Estado español.

Hai unha viñeta de Castelao na que figuran dous rapaces -pobre e rico- no que o mellor situado confesa que seu pai non quere que fale con el porque ten moi diversas chatas importantes, ó que o outro neno responde que non, que somente ocorre que é pobre.

Polo feito de ser pobres, os galegos no pasado tivemos mala prensa, e os sinónimos do noso xentilicio non foron para facer festa. O tempo, o traballo, os sacrificios, foron elevando o nivel dunha terra e dunha xente que non merece aldraxes pero á que aínda lle queda moito camiño que recorrer.

Que agora na Arxentina un presunto humorista chamado Ricardo Parrotta volva publicar co seudónimo de Pepe Muleiro unha colección de chistes de galegos groseira, insultante e sen xeito, altera loxicamente á colectividade galega na Arxentina que se ten posto en pe de guerra para combatir esta edición.

Está ben que os galegos arxentinos tomen cartas nun asunto tan porcallento coma este. E mesmo que as nosas institucións en Galicia se movilicen ó respecto. Pero o tema non merece demasiada preocupación. Hai tempo houbéranos afectado gravemente; na actualidade é unha insensatez, unha agresión, algo que non manca aínda que molesta.

Todos coñecemos chistes nos que uns ou outros son colocados en situacións de inferioridade. O tempo, o traballo e a sociedade vai colocando a cada quen no seu sitio. E a realidade acaba impoñéndose por riba de calquera agresión, especialmente se é bazofia coma esta.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES