Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco de Fientosa e Crecente Vega unidos pola Ponte de Outeiro (4)

viernes, 27 de noviembre de 2020
EL TRÉBOL DE CUATRO HOJAS
Libro inédito e que recolle na citada obra Ricardo Polín, do ano 36 e que o poeta non chegou a publicar, no poema "Pandeirada" (p. 387) tamén está referido á ponte de Ponte de Outeiro

"Esta noche, caravel,
en que yo voy de ruada,
como late bajo el puente
el corazón de las nasas.

Que despacio baja el río
y como grila el sedel
porque yo voy de ruada
esta noche, caravel".

Na páxina 339 o poema que comeza así:

"Campanario, mástil de piedra.
En el sol
va vogando la iglesia.
...
...
Campanario, mástil de piedra.
Mi niñez, la canción primera".

Onde se fai referencia ao campanario da igrexa da Ponte de Outeiro que foi derrubada para facer outra igrexa máis nova aló polos anos sesenta e destruíndo así a beleza daquela igrexa e desaparecendo os seus retablos barrocos. A igrexa divísase nitidamente desde a casa dos Crecente e Paquiño tíñaa na súa lembranza.

No poema "Folías a mi lugar" (p.403)

"Tierra de Castro de Rey
a un lado y a otro del Miño
tan verde y envenenada
de mordedura de río.
...
...
Tierra de Castro de Rey
por donde anduvo mi infancia,
verdes porque Dios lo quiso
y por la gracia del agua.

Lejos o cerca de ti,
yo sigo siendo tu amigo:
¡No en vano también yo estoy
envenenado de río!"


Tanto Crecente como Francisco de Fientosa poetizan a vaca. Crecente no poema dedicado "A miña pucha" e Francisco de Fientosa no poema "La vaca"(p. 463) en POESÍA VARIA, entre outra serie de concomitancias que sería moi interesante estudar.

No poema "Momentos del paisaje", atopamos o Poema II da páxina 468 dedicado ao "Río Miño".

II

RÍO MIÑO

"En el puente de Otero
enhebras tu cinta líquida,
y vas cosiendo un refajo
de apretadas praderías.

III

ALBA

"Alborozo de maizales.
Carros y voces de carros
por los caminos reales".

Na primeira estrofa incluso cita o nome claramente e na segunda fai alusión ao Camiño Real que pasaba por detrás da casa dos Crecente e que coa Concentración Parcelaria, nin o sinalizaron, nin o trataron adecuadamente, e pensamos que sería necesario recuperalo. O mesmo Crecente Vega fala del noutra poesía. Tamén Crecente lle dedica ao seu curmán Vega Ceide o poema "O Muíño" e Francisco de Fientosa correspóndeo coa dedicación tamén dun poema "Flota Lejana" que é unha figuración marítima en lembranza da aldea perdida.

Dinos Ricardo Polín que Francisco Vega Ceide "é cualificado por Trapero Pardo como un novo Valle-Inclán", tamén é lembrado pola súa intelixencia e carácter humanitario; "de feito, os parentes de Fientosa acórdanse da ilusión con que este aforraba para lles facer un panteón aos seus pais e ao seu afillado, Francisco Crecente Gueimonde" (p. 26), irmán de Inés Crecente e hoxe propietaria da casa natalicia do poeta. Francisco Crecente Gueimonde, coñecido por Paco de Rafael, foi un bo amigo meu desde a infancia, e como sobriño e afillado que era de Fientosa "conservaba unha viva imaxe do seu padriño poeta e do seu agasallo cando aínda era un meniño", segundo conta Ricardo Polín nesa mesma páxina.

Despois de rematada a Guerra Civil, Rafael Crecente Vega, o propietario daquela da casa petrucial, viaxou entón desde a Ponte de Outeiro ata Madrid para saber qué fora do seu irmán crego e mais do seu curmán Paco da Fientosa, falecido dous anos e medio antes que o poeta Crecente Vega, e traizonado por un antigo compañeiro, é asasinado en Aravaca unha noite do 36 con tan so 24 anos, o poeta que apuntaba moi alto nas nosas letras.

Por todo isto e por moito máis que se pode observar en toda a poesía de Francisco de Fientosa rematamos dicindo que foi Crecente Vega e a Ponte de Outeiro o lugar onde o poeta descobre a súa vea poética, quizais imbuído pola poesía do seu primo Crecente e tamén pola beleza da paisaxe da nosa benquerida parroquia.

(O escritor Xosé Otero Canto, residente na cidade de Lugo, naceu na Ponte de Outeiro, do Concello de Castro de Rei).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES