Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco de Fientosa e Crecente Vega unidos pola Ponte de Outeiro (3)

martes, 24 de noviembre de 2020
TRIÁNGULO ISÓSCELES
Francisco de Fientosa na súa primeira obra poética publicada Triángulo Isósceles, xa na portada dinos: "...triángulo isósceles... figura dilecta; porque la llevaba siempre conmigo en un lápiz negro, regalo de Baltasar, y con él decoraba las mañanas pintando velas de navíos y cascos de soldados. Entonces yo tenía diez años y soñaba con ser marino y capitán de lanceros". Obsérvese como cando isto sucedía, tiña dez aniños e estaba na Ponte de Outeiro.

No poema titulado "Flota lejana" e dedicado a Crecente Vega, obsérvase a igrexa da Ponte de Outeiro na última estrofa:

"Son entones las bordas tristes naves ancladas,
y el viejo campanario finge un palo mayor;
y en la flota aldeana, de imposibles orzadas,
va mi infancia viajera pilotanto un amor".

Posteriormente, un apartado do poemario que abrangue desde a páxina 255 ata a 264, titúlao "El molinero de estrellas" onde igual que Crecente Vega se inspirou no muíño do que falamos máis arriba.

Na páxina 283, entre outras, e na sección "Luno Barbano" comeza tamén coa temática franciscanista propia de Crecente con concomitancias de García Lorca:

III
"¡Oh las charcas estridentes
de ranas enamoradas,
con estiletes de luna
rasgando la piel del agua!".


EL ALBA DE QUECHEMARIN
No seguinte libro de poemas publicado por Francisco de Fientosa El alba de quechemarin publicada no 1935, un ano antes do seu asasinato, hai un poema dedicado ao río de título "Río Miño"(p. 319), outro ao "Caneiro" que é o caneiro dos Basanta ao lado da casa dos Crecente (p. 320) que comeza así:

"Tirad el trasmallo al agua,
ese trasmallo de lino,
que hay peces -ríos de luna-
en la guitarra del río".

Despois de recoñecer o parecido coa poesía de Lorca, vemos como, efectivamente, está dedicado ao caneiro dos Basanta debido a que había unha camposa por debaixo do caneiro (hoxe desaparecida) e a tal camposa formaba unha figura que correspondía ao oco de resonancia do citado instrumento e o parecido era singular.

Tamén observamos un poema titulado "Sueño de un cativo junto al puente" que tamén pode ser a ponte de tres banzos de Outeiro:

"En la rama del río
el niño extiende el brazo:
El arco de aquel puente
sueña con un disparo" (p. 326)

No poema "Muiñeira" recolle o cantar que todos os da zona recoñecemos xa desde moi pequenos. (p. 329)

"A muiñeira na serra de Meira
de día moe e de noitre peneira".
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES