Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Seis contra seis

martes, 24 de noviembre de 2020
Seis contra seis. Dito así semella que imos ver ou que vou falar dun partido de voleibol (a min gústame máis balonvolea). Pero non; vou analizar aquilo que nos está a desangrar mensualmente, economicamente falando, e contra o que baduamos sen parar durante toda a nosa vida. Porque durante toda a nosa vida estamos pagando eses recibos ós que lles podemos chamar de servizos básicos: a auga, o gas, o lixo, a luz, os seguros e o teléfono. Aí está, son seis. E contra eses escribimos, berramos, insultamos, latricamos... porque sempre soben e nunca baixan. Temos tan asumido esa rutina económica e esa obrigatoriedade que nin tan sequera se no pasa pola cabeza os outros seis do "equipo rival". Estes son, por suposto, políticos.

Porque lles estamos a pagar a seis institucións, entidades ou organismos que, moitas veces, a maioría das veces, nin tan sequera nos valen como servizos, nin básicos nin excepcionais, nin rabo de gaitas. Aí van: Concellos, Deputacións, Comunidades Autónomas, Goberno Central, Comunidade Europea e Casa Real. Como vedes, son seis tamén. Agora pensade friamente, pero con tranquilidade, todos os "chupópteros" que están vivindo á nosa conta, e que, moitas veces, a maioría das veces, como dicía, non nos reportan un gran servizo. Á veces nin tan sequera un pequeno servizo. E estas institucións debémolas ter máis asumidas aínda que os servizos básicos, porque cando pensamos no que nos custan, adoitamos agachar a cabeza e non dicir nada. Sempre apandamos co que nos botan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania