Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco de Fientosa e Crecente Vega unidos pola Ponte de Outeiro (2)

viernes, 20 de noviembre de 2020
Paquiño da Fientosa (O poeta Francisco da Fientosa) e Pepe da Ponte (O poeta Crecente Vega) serán logo dous escritores que saen da mesma casa, coñecida nos meus anos mozos como a casa de Rafael e hoxe, como a casa de Inés de Rafael, nos meus anos non tan mozos. Paquiño da Fientosa, tamén coñecido como Paquiño de Outeiro moi axiña se vai converter nun alumno aventaxado na escola parroquial de Outeiro, que é o seu lugar de adopción, á que asiste desde os oito anos ata os once: "foi tal o arraigo e identificación deste autor coa Ponte de Outeiro, que na dedicatoria autógrafa dunha das súas obras primeirizas asina como "Paquiño, o rapacín d´Outeiro"(p. 16)

Que a Ponte de Outeiro fixo unha pegada moi importante na obra de Francisco de Fientosa é indubidábel, a auga e a temática mariña do autor dínolo el mesmo: "Tuve una infancia labradora y un poco asustada como los pájaros. Al lado de mi casa pasaba un afluente que tenía una gran prisa por llegar al Miño", estase a referir ao río Azúmara, pero na súa estadía na Ponte de Outeiro tivo moito que ver o río Miño que está moi cerquiña da casa de Crecente Vega, ata tal punto que unha das fincas que saía da casa, lindaba polo Leste co río Miño e nela había lavadoiros onde se xuntaba moita xente da parroquia e tamén ao seu lado pasaba a estrada de Vilalba a Meira e na ponte que dá nome á Ponte de Outeiro, de tres arcos de medio punto e debaixo desta ponte, segurísimo que os dous escritores viron como os veciños da parroquia levaban alí o liño en feixes e poñíanlle unha pedra encima para que a corrente non o levase, seguro que tamén, do outro lado da ponte levaban as vacas el e Crecente Vega a beber ao chamado Pozo das Égoas do Río Miño porque era o sitio que tiñan para facelo os do outro lado do río.

Desde a súa casa vían a espadana da igrexa, oían as campás, admiraban as camposas do río Miño que había por arriba e por debaixo da ponte, hoxe desaparecidas, irían ás fincas do Cantón, ás da Ramalleira, oirían cantar os carros polo Camiño Real, –como nos recorda Crecente Vega nun poema-, os sapos cantarían polos camiños, troularían no muíño que aínda hoxe pertence á familia dos Crecente, bañaríanse no caneiro dos Basantas e observarían como as enchentes do río asolagarían os baixos da casa –aínda me acordo eu andar de pequeno nos baños de salgar como se fosen barcas polas enchentes da Ponte de Outeiro-. Estas serían actividades que viron de pequenos, entre outras, que relembramos cando lemos as súas poesías.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES