Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Humildade e compaixón

jueves, 19 de noviembre de 2020
Neste momento da nosa historia, o pobo liso e llano ten como principal preocupación o Covid19.
Tanto é así que non se sabe a ciencia certa cando sairemos deste túnel.
Nin se sabe cando sairemos nin como sairemos, aínda que as químicas traballen arreo para conseguir unha vacina canto antes.

Xa nos conformamos con poder saír con ben.
Pero cando todo este pesadelo pase a formar parte da historia mundial e da nosa propia historia persoal, nada será igual.
Teremos que comezar de novo noutras circunstancias ben diferentes:

Os ricos, serán máis ricos, porque, aínda que pareza mentira, hai quen se está enriquecendo económicamente a costa da pandemia.
(O enriquecemento mental e espiritual forman un capítulo aparte).

Os pobres serán máis pobres porque a corda sempre rompe polo máis delgado.
Xa di o refrán: “Pobre do pobre que aínda que venda canto tén, nunca rico morre”.

E cando as circunstancias son adversas, peor aínda.
E a clase media verase seriamente tocada.
A TODOS NOS VAI CAMBIAR A VIDA.

Teremos que "rearmarnos" de humildade e compaixon.
De moita humildade porque moitos de nós verémonos nunha situación á que nunca pensamos chegar: podería haber secuelas de saúde física ou mental e pode que o noso nivel económico tamén se vexa afectado.

Teremos que volver ás raíces.
Teremos que volver ás orixes.
Recordaremos de quen somos fillos e volveremos a empezar.
Empezaremos con forzas renovadas, tantas como sexa necesarias.
E seremos máis compasivos porque comprenderemos mellor que nunca o que significa pasar momentos duros.

A humildade e a compaixón son virtudes que nunca deberamos esquecer; pero cando todo vai "viento en popa, a toda vela" é moi doado caer na tentación.
E caemos. Caemos moitas veces, moitísimas veces.
Caemos en moitas tentacións aínda que socialmente foran admitidas ou toleradas por moitos como "normais":

-Deixamos de ser respectuosos cos maiores, coas autoridades e incluso con nós mesmos.

-Deixamos de crer no matrimonio católico para tan só vivir en parella como se se tratara dunha fonda na que se comparten gastos con dereito a…

-Deixamos de valorar a vida como un ben sagrado, chegando a admitir a eutanasia e máis o aborto cando a cousa "non pinta ben".

-Deixamos de lado a fe cristiá que nos transmitiron os nosos maiores durante nada menos que durante vinte séculos.

-Deixamos de respectar a casa común: a nai natureza.

-Saltámonos moitas regras básicas pensando que eramos os reis do mundo.

E sen darnos conta: ”CONSTRUÍMOS CASTELOS NO AIRE”.
¡ATA AQUÍ CHEGAMOS!

Cando saiamos desta, se saímos con ben, encontrarémonos cunha nova era: a ERA DIXITAL, á que teremos que enfrontarnos.
Outro mundo ben diferente que está entrando nas nosas vidas a toda présa.
Será un mundo doutra maneira que traerá moitos adiantos: PODEREMOS ESTAR INTERCONECTADOS DIXITALMENTE NA DISTANCIA; PERO NON PODEREMOS DARNOS UNHA APERTA PERSOALMENTE SENTINDO O CALOR, O OLOR E MÁIS O CONTACTO FÍSICO DAS PERSOAS QUE AMAMOS.

Botaremos en falta a calidez humana: as caricias, os bicos, as apertas, o trato persoal coas persoas que nos rodean…

Dá a impresión que teremos que funcionar como se levaramos incorparado un piloto automático.

Algo así xa está pasando.

O automatismo está moi ben para as máquinas que fan o que lles mandamos despois de que as programamos.
Pero o ser humano é moito máis que unha "súper-máquina".

É UNHA CRIATURA DIVINA:

ESTÁ SABIAMENTE PENSADA PARA TER VIDA FÍSICA, MENTAL, PSICOLÓXICA, EMOCIONAL E ESPIRITUAL.

E TAMÉN PARA PENSAR LIBREMENTE.

Soamente o ser humano nace coa facultade de pensar libremente.
Temos dereito a pensar con liberdade para elixir a mellor das opcións permitidas.
TEMOS DEREITO A SER LIBRES; PERO NUNCA LIBERTINOS.
Humildes e compasivos coa situación actual, si; pero con dereito a unha vida digna de seres humanos, tamén.

"RELACIÓNS HUMANAS"
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa humildade e pola súa compaixón coa situación que estamos vivindo.
E moitas grazas por terme na súa consideración esta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES