Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Qué bonitos quedan!

miércoles, 14 de mayo de 2008
Imos ver, ¡jo! ¡que ben din os escritos pendurados no GaliciaDixital!. E vese un e todo, coa xeta aquí disposta. A dicir verdade, a min gústame. E compláceme mirarme no Galiciadixital colgado. Home, é certo que me dá un chisco de rubor confesalo, pero como me presta tanto, digoo a boca chea, bueno, como explicalo: a letra tras letra. Si, éncheme de gozo estar aquí e ler cando quero, porque non se borran, nin se mollan, nin enrrugan; nin se perden.

Todo o que hai no GaliciaDixital vai polos mundos adiante, sen ter un nin siquera conciencia, nin saber, a que partes máis recantadas están a chegar. Mellor non pensar nisto, porque ben mirado, abotoase a cabeza e xa non se pode coa resposabilidade.

¡É unha gozada esto de escribir para o Galiciadixital!
Ter unha verea así, para fuxir dun mesmo, cae a menciña.

Contouse, e lembro unha lenda urbana (creo que lenda é), que ben á peza que nin pintada.

Ían os dous polo “Camiño do Cordal” contando cousas, pareceres, aventuras, chistadas, algunha ca outra baballoca e, de vez en cando, cantaban. A condición era que o cantar debería ser repentizado, saído nun sócate, sen moito pensar e que cadrara ó caso segundo as frondosías que os dous ían percibindo. E así foi. Que ollaban a unha moza, cantábanlle. Que a unha cerdeira, cantábanlle. Alí diante un pego, cantábanlle. A inspiración non sempre era graciosa, pero cantaban a todo o que miraban. E así a esmorga non amolaba a ninguén e os dous divertíanse dabondo.

Pois seica, cando a parella chegou ó crucel onde xa o camiño se facía case rúa, un deles, ao mirar para un carteliño electoral (eran locais según se soubo), sen máis, soltou o seu repente:

Mira que mirar che ten,
mira que mirar meigado.
De fronte olla para min
por moitos guíos que fago.

Que grandes artistas son
que retratistas, retratan.
Como farán, meu amigo,
que deste xeito os destacan.

Parece que me desfán,
semella que me conminan.
Mira ti como me miran
en campaña electoral.

E ata esta, é o que lembro da historia, lenda, conto ou falar, que disque aconteceu, nun tempo que nin se sabe, entre os dous camiñantes, sen rumbo e esmorgados. Digo que ata chegar ó “da campaña electoral” porque, certamente, o resto do cantar non é reproducíbel, nin para ollos cristiás, nin para ninguén con alma pudorosa. Se eu lle tivera noxo por algo a alguén, un noxo desesperado, pois, aínda. Pero non é o caso. E se fose o caso, ¿para que?, ¿para que de que?. Por outro andar, son varón, polo tanto non podo ser sobriña, nin teño tíos curiais.

Bueno, todo vén ó conto da lenda urbana que contei. Sinto que non fora ben trazada. Eu non son culposo. O reo hai que buscalo en quen trenzou de primeiras a lenda que á miña memoria chegou.

Foi o fío polo que tirei para dicir, por outra volta, que esto de escribir aquí no Galiciadixital mola moitísimo, é decir, a min gústame de moito pendello. Outra cousa é que poida e saiba. Dito queda.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES