Festas gastronómicas
Trátase daqueles eventos, que teñen como finalidade dar a coñecer algún producto típico da zona, ou a tentar consideralo como tal, exaltando as súas propiedades.
1. A Festa do Requeixo
No ano 2016 celebrouse na área recreativa do Acevreiro (A Pastoriza) a oitava edición desta festa durante a última semana de xullo. Foi organizada pola Asociación de Comerciantes en colaboración coa Área de Turismo do Concello e da Deputación

Provincial de Lugo; tamén coopera a Escola e Talleres "As Granxas".
O programa da festa incluiu unha degustación gratuita de "requeixo"; todos os anos os encargados da organización veñen repartindo máis de setecentas racións. Logo, houbo un xantar popular no que adoita haber troitas, churrasco, carne ao caldeiro, queixo e requeixo. A continuación levouse a cabo un concurso de habilitades co tractor, organizado pola Escola e Talleres "As Granxas", que tivo lugar no Circuito de Automoción e Karting os dous días do evento. Como remate do mesmo, levaronse a cabo actividades e xogos para os máis cativos asi como actuacións musicais.
O producto estrela da festa, "o requeixo", é un queixo fresco especial na súa forma de elaboración e consumo. A elaboración doméstica iníciase co callado da leite, que se poñía nunha ola situada nun lugar quente da cociña. Logo deixabase callar a leite durante un periodo de 24 horas, momento no que se lle retiraba a nata, e colocábase nun frigorifico.
A razón fundamental da retirada da nata era evitar que dificultara o posterior desorado, xa que a graxa empapa e impermeabiliza a tea dos sacos onde se realiza a tarefa.
Callada a leite e desnatada introducese nuns sacos de tea, que se penduran nun lugar fresco para extraer o soro. Logo de levar a cabo este labor, mesturaxe a nata co elemento sólido, resultante do desorado, uniformando a textura. A continuación, o producto servese como un postre, aderezado con azucre o algún derivado.
2. A Festa da "Bola de Liscos e dos Freces"
No ano 2016 conmemorouse durante o último domingo de marzo a novena edición da festa dambos os dous productos, que tiveron hai anos unha fonda repercusión en moitos fogares de Bretoña e a súa bisbarra.
A "bola de liscos" está formada por unha simple masa de pan, elaborada cunha mestura de fariña de trigo do país coa foránea, que é extendida sobre unhas verzas ás que

previamente se lles quitou o nervio central. Logo, sobre a metade da masa bótanse anacos de touciño afumado e porcións de chourizo. Posteriormente, dóbrase a masa para cubrir o recheo coa outra metade e péchase. A bola cubrese con verzas e metese no forno quente, aínda que no transcurso da cocción retírase a verza superior coa finalidade de que a bola se doure. O resultado da cocción é unha bola xugosa, aromática e sabrosa.
Con respecto "as freces", trátase dun postre, xa case esquecido na zona de Bretoña, que se elabora do seguinte xeito: nunha pota ao lume ponse manteiga, que paseniño vaise derretendo; logo, faise un amoado de ovo con fariña, ao que se lle engade pan duro, azucre e mel. A continuación reméxese todo mentres vai concendo. Finalmente adoita servirse quente.
A xornada festiva, logo da degustación dámbolos dous productos, continou para o público asistente coa visita aos diferentes postos de mercadorías; coa actuación dalgún grupo musical; coa posta a punta dalgúns oficios tradicionais; coa exposición de coches e tractores antigos. Finalmente, o evento rematou a últimas horas da noite coa celebración dunha verbena.