Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Berrando por alguén

jueves, 19 de noviembre de 2020
Hai un cacho berrei polos que estaban lonxe. Ninguén me contestou. Agora non sei se é porque estaban demasiado lonxe e non me oíron ou porque non había realmente ninguén. Podo prometer e prometo que berrei ata esgazar a gorxa. E de cando en vez aínda sigo berrando. Claro que eu mesmo me aparto cada vez máis de onde intúo que Pingas de Orballo: Berrando por alguénpode haber alguén. Empecei berrando desde o alto dun outeiro e xa estou a medio camiño dunha lagoa que está no medio dun val. Non obstante, cada cincuenta pasos (paso adiante, paso atrás) sigo cos meus berros. É igual; aínda que non me escoiten, a min gústame berrar. E como empeza a ser noite, por que non vou berrar? Mato dous paxaros dun tiro: un, porque ó berrar tamén espanto o medo; e o outro, porque ó berrar, e como cada vez o silencio, segundo avanza o día ou segundo se achega a noite, é máis silencio, pois igual hai sorte e alguén polos que estou berrando me oe. O ruído, cando hai silencio, moito silencio, semella máis ruído. Entón o berro semella máis berro, máis forte, más con carraxe, máis con bravura. Por berrar que non quede.
Tamén é verdade que ata eu caio na conta de que empezo a estar rouco. Sei seguro que é polo esforzo dos berros, deses berros que levo realizados desde hai máis dunha hora. Menos mal que como xa é noite pecha, os berros -por aquilo de que hai máis silencio- aínda que non sexan tan fortes ou aínda que sexan afónicos, seguro que chegan ó seu destino. E sabendo isto e non contestando ninguén, agora sei certo que non había ningunha alma perdida na distancia. Deixo de berrar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES