Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pedro Iturralde

Rubia, Xoan - miércoles, 18 de noviembre de 2020
Era un dos talentos que viven no cumio do monte do Olimpo, no máis alto do panorama musical do país. Toda unha vida dedicada a súa máxima paixón: a música e dentro dela a ese apartado tan difícil e reservado só aos músicos con talento: o jazz.

Tiven a sorte de coñecelo e de traballar con el. Nunha das súas visitas a Galicia e a Pedro IturraldeFerrol concretamente, estivo uns dias na nosa casa en Mugardos onde tivemos tempo para partillar conversa sobre o seu tema preferido: a música e tamén para xogar cos meus fillos aos palíndromos (esas palabras ou frases que se len o mesmo ao directo que ao revés que a el lle gustaban moito). Tiña na súa nómina mental a varios saxofonistas favoritos: John Coltrane entre os primeiros. Díxome unha vez que tiña copiadas case todas as improvisacións e solos de Coltrane e as repasaba a miúdo.

Puxo un só improvisado de clarinete no meu tema "Fala Pobo" do disco L.P. "Lembranzas" que é unha marabilla e que a min me gustaría quedase máis resaltado e non coma un glissando ao final do tema, pero aí está e aí quedará o mesmo que a súa estupenda e mestra intervención co seu saxo na peza "Branco Nadal" do meu L.P. do mesmo título. Foron aqueles episodios que quedaron gravados para sempre na miña memoria como tamén, e aproveitando a nosa estadía en Madrid co gallo daquelas gravacións, a escapada invitado por el ao "Whisky Jazz Club" onde por primeira vez vin a alguén tocar dous saxos ao unísono nun tema do seu excelente traballo titulado "Helénica" dedicado e inspirado na música popular grega, país do que estaba namorado. Naquela estadía en Mugardos animeino a que puxera ollo e ouvido na música popular galega. No 1999 sae o seu disco "Etnofonías" coa peza "Negra Sombra" e pensei naquela conversa, pero... o mesmo non tivo nada que ver.

Precursor do jazz fusión neste país onde en case todo imos un paso por detrás el situounos ao mesmo nivel dos máis esixentes. O seu "Flamenco Jazz", unha referencia no jazz fusión español, que gravou no 67 en Alemaña non foi publicado en España ata o 74 con Paco de Lucia (Paco de Algeciras entón) e no que tamén, como non, hai influencias de García Lorca e de Manuel de Falla.

Aos seus 91 anos tiña previsto dar un concerto en Madrid. En fin, xa non vai poder ser. Queda a súa música que non nos deixará e a lembranza que como persoa deixou nos que o tratamos. Gloria haxa para el.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES