Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Por unha labazada

martes, 17 de noviembre de 2020
A xustiza no noso país ou non actúa ou actúa cando non debe ou actúa tarde, mal e nunca ou cando actúa faino rematadamente mal. A maioría das veces non condena a eses grandes ladróns con moito poder e tamén, a maioría das veces, si condena unha simple labazada. Como lle pasou a unha rapaza de 24 anos, que tivo que pagar unha Pingas de Orballo: Por unha labazadamulta de 150 e unha indemnización de 300 por lle dar unha labazada a un mozo por meterlle man. É verdade que a este tamén o condenaron por abusos sexuais. Pero, a ela?, por que a tiñan que condenar? Cando o mozo, en vez dunha labazada, ben sei eu o que merecía. Ninguén, absolutamente ninguén ten dereito a meterlle man a outra persoa sen o consentimento desta.
O xulgado, como informou este mesmo xornal o pasado domingo, recoñeceu o delito e incluso tamén a indignación e carraxe que sufrira a moza, pero que, para repoñerse, hai outras vías, outros procedementos. Si, é certo que hai outros métodos, pero nese momento nin tan sequera a persoa máis calmada do mundo se lle daría por pensar noutras accións que non foran unhas boas labazadas ó insurrecto. Gustaríame saber como actuarían os do xulgado se lles meteran man a eles; ou ás súas fillas.
Que por unha labazada, máis que merecida, condenen a alguén é algo que nunca entenderei. E sabendo, por suposto, que hai xente por aí, moita xente, que vive como Deus grazas ás falcatruadas que cometen. É moi normal que digamos unha e outra vez que a xustiza, no noso país, é unha carallada. Sempre o foi.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES